We Are Scientists

We Are Scientists é unha banda estadounidense de rock alternativo baseada en Nova York que se formou en Berkeley, California no ano 2000.[1] Está composta principalmente polo guitarrista e vocalista Keith Murray e o baixista guitarist Chris Cain, uníndose o batería Keith Carne para o estudio e para os directos dende 2013.[2]

We Are Scientists
We are Scientists.JPG
Chris Cain e Keith Murray
OrixeClaremont, California, Flag of the United States.svg
Período2000 - presente
Xénero(s)indie rock, post-punk revival, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Masterswan, Devious Semantics, 100%, PIAS, EMI, Virgin, Dine Alone, Dew Process, Grönland
MembrosKeith Murray
Chris Cain
Keith Carne
Antigos membrosMichael Tapper
Andy Burrows
Páxina webwearescientists.com

A banda publicou seis álbums de estudio, sen incluír o seu primeiro lanzamento Safety, Fun, and Learning (In That Order), que o grupo describíu como un bosquexo en vez dun álbum propiamente dito.[3] O éxito de We Are Scientists chegou co lanzamento do seu primeiro álbum de estudio, With Love and Squalor, que vendeu 100 000 copias nos primeiros seis meses. Este foi seguido polo lanzamento de Brain Thrust Mastery en 2008, Barbara en 2010, TV en Français en 2014, Helter Seltzer en 2016 e Megaplex en 2018.[4]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
With Love and Squalor 2006 Virgin Records
Brain Thrust Mastery 2008 EMI
Barbara 2010 PIAS Recordings, Master Swan Recordings
TV en Français 2014 100% Records, Dine Alone Records
Helter Seltzer 2016 100% Records
Megaplex 2018 100% Records

NotasEditar

  1. "Powerful information, at your fingertips : We Are Scientists". www.wearescientists.com. Consultado o 2020-06-29. 
  2. "We Are Scientists' Keith Murray On Margaritas and Megaplex | idobi". web.archive.org. 2020-05-23. Consultado o 2020-06-29. 
  3. "Interview: We Are Scientists (Part 1) - There Goes The Fear Music Blog". web.archive.org. 2011-10-07. Consultado o 2021-05-05. 
  4. "We Are Scientists". Discogs (en inglés). Consultado o 2021-05-06. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar