Watchmen (filme)
Watchmen é un filme de 2009 dirixido por Zack Snyder baseado no cómic do mesmo nome da autoría de Alan Moore e Dave Gibbons. O filme está protagonizado por Malin Åkerman, Billy Crudup, Matthew Goode, Carla Gugino, Jackie Earle Haley, Jeffrey Dean Morgan, Patrick Wilson, Matt Frewer, Stephen McHattie e Laura Mennell. Comezou a filmarse en Vancouver (Canadá) en setembro de 2007 a súa estrea foi o 6 de marzo de 2009, tanto en cinemas convencionais como en IMAX, recadando 55 millóns de dólares na primeira semana e 180 en todo o mundo. O argumento céntrase nun grupo de ex gardas, os watchmen nun 1985 alternativo, nun momento álxido da guerra fría con fortes tensións entre os Estados Unidos e a Unión Soviética.
Watchmen | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Watchmen |
Director | Zack Snyder |
Produtor | Lawrence Gordon Lloyd Levin Deborah Snyder |
Guión | David Hayter Alex Tse |
Baseado en | Watchmen de Dave Gibbons e Alan Moore |
Intérpretes | Malin Åkerman Billy Crudup Matthew Goode Carla Gugino Jackie Earle Haley Jeffrey Dean Morgan Patrick Wilson |
Música | Tyler Bates |
Fotografía | Larry Fong |
Montaxe | William Hoy |
Estudio | Legendary Pictures DC Comics Lawrence Gordon Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures Paramount Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 162 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Fantasía, acción |
Orzamento | $130 000 000[1] |
Recadación | $185 300 000[2] |
Na rede | |
http://watchmenmovie.warnerbros.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
SinopseEditar
Nos Estados Unidos dos anos 80 a guerra fría está no seu apoxeo, e os superheroes, que antes foran admirados, agora son perseguidos pola lei. Un día aparece morto un deles, "O Comediante", que traballaba para a CIA. O seu amigo Rorschach, o único heroe enmascarado en activo, emprenderá a investigación da súa morte, trala que se agocha algo moi importante.
PersonaxesEditar
- Jackie Earle Haley como Walter Kovacs / Rorschach
- Patrick Wilson como Daniel Dreiberg / Nite Owl II
- Billy Crudup como Jon Osterman / Dr. Manhattan
- Malin Åkerman como Laurie Juspeczyk / Silk Spectre II
- Matthew Goode como Adrian Veidt / Ozymandias
- Jeffrey Dean Morgan como Edward Blake / The Comedian
- Carla Gugino como Sally Jupiter / Silk Spectre
Galardóns e nomeamentosEditar
- 2009: Saturn Awards: Mellor filme fantástico, mellor vestiario. 8 nomeamentos.
- 2009: Asociación de Críticos Online: Nomeado a mellor actor secundario (Jackie Earle Haley).
- 2009: Asociación de Editores de Son: Nomeado a mellor edición de son.
- 2009: SFX Awards: Nomeado a mellor filme e mellor director.
NotasEditar
- ↑ Matthew Belloni and Borys Kit (15 de xaneiro de 2009). The Hollywood Reporter, ed. "Warner, Fox settle over 'Watchmen' settlement". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 4 de febreiro de 2010.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Watchmen (2009)". Consultado o 30 de agosto de 2010.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)