Wasumana foi unha cidade situada probabelmente na clásica Bitinia.

O conquistador e gobernador hitita de Pala, Hutu-Piyanza, entrou en guerra contra a cidade de Wasumana a finais do século –XIV, e pediu axuda ao rei Mursilis II que lle enviou a Nuwamza, o seu Xefe de Viños, cun corpo de exército, e os dous conxuntamente puideron conquistar e destruír a cidade.