Wakako Tsuchida

atleta xaponesa

Wakako Tsuchida (土田 和歌子 Tsuchida Wakako?), nada o 15 de outubro de 1974 en Toquio, é unha atleta xaponesa especialista en maratón en cadeira de rodas e corredora de zorra sobre xeo. Foi a primeira atleta profesional xaponesa en cadeira de rodas[1] e tamén a primeira xaponesa en gañar medallas de ouro tanto nos Xogos Paralímpicos de Verán e nos de Inverno.[2] Ten paraplexía.

Wakako Tsuchida
Nacemento15 de outubro de 1974
Lugar de nacementoToquio
NacionalidadeXapón
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gañou a maratón de Boston na categoría feminina en cadeira de rodas en cinco ocasións, en 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011; a maratón de Honolulu en dúas ocasións, en 2003 e 2005; e a maratón de Beppu-Ōita catro veces, en 1999, 2001, 2002 e 2003[2] e a maratón de Londres de 2010 cun tempo de 1:52:33.[3] Competiu na maratón de Boston de 2012 e quedou a un segundo detrás da gañadora Shirley Reilly.[4]

Nos Xogos Paralímpicos de Sydney 2000 gañou unha medalla de bronce na maratón, mentres que nos de Atenas de 2004 levou a medalla de ouro nos 5000 metros e a prata na maratón. A súa mellor marca persoal é de 1:38:32, que acadou na maratón de Beppu-Ōita en 2001.[2]

Tamén competiu en carreiras de zorra sobre xeo nos Xogos Paralímpicos de Lillehammer 1994 e nos de Nagano 1998. Gañou dúas medallas de ouro e dúas de prata en Nagano. Tamén acadou medallas en carreiras de zorra sobre xeo nos Campionatos Mundiais do Comité Paralímpico Internacional.[2]

Notas editar

  1. Boston Athletic Association, ed. (18 de abril de 2003). "Wheelchair Division Champions Return To Defend Titles". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2006. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Wakako Tsuchida". The Boston Globe. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  3. "London Marathon 2010: heartache for David Weir as Josh Cassidy takes wheelchair title". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-03-01. 
  4. Shirley Reilly wins Boston Marathon’s women’s wheelchair. Boston Herald (16 de abril de 2012). Consultado o 16 de xullo de 2020.