Waalwijk
Waalwijk é un concello e unha cidade ao sur dos Países Baixos, na provincia de Brabante do Norte. É membro do "Langstraat" (rúa longa).
Waalwijk | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Situación xeográfica | |||||
![]() | |||||
País: | ![]() | ||||
Provincia: | ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Supericie • Terra • Auga |
67,72 km² 64,71 km² 3,01 km² | ||||
Poboación | |||||
Poboación: | 45.743 (2008) | ||||
Densidade: | 707 hab./km² | ||||
Información | |||||
Código postal: | 5140-5146, 5160-5165 | ||||
Alcalde: | A.M.P. Kleijngeld (PvdA) | ||||
Sitio na web: | www.waalwijk.nl |
CaracterísticasEditar
Ten unha poboación de arredor de 50.000 habitantes e está situado preto das autoestradas A59 e N261. As vilas de Capelle, Vrijhoeve-Capelle, Sprang (o antigo municipio de Sprang-Capelle) e Waspik forman xunto coa cidade de Waalwijk o municipio de Waalwijk. A cidade ten unha das igrexas máis sorprendentes dos Países Baixos: a Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán). A igrexa ten o estilo dunha mesquita, pero se posúe e utiliza como lugar de adoración pola parroquia de San Xoán Católico. A cidade ten un centro histórico moi antigo, recentemente modernizado.
Núcleos de poboaciónEditar
- 's Grevelduin-Capelle (3.000 habitantes)
- Sprang-Capelle (10.056 habitantes)
- Waalwijk
- Waspik (5.120 habitantes)
A cidadeEditar
A cidade de Waalwijk adoitaba ser moi coñecida polo seu mercado de zapatos. O dereito de cidade foille outorgado en 1303, e nela xoga o equipo de fútbol RKC Waalwijk.
Waalwijk é coñecida tamén por un evento o "80 van de Langstraat", que se celebra cada setembro, e no que uns poucos miles de persoas camiñan 80 quilómetros a pé a través de tódalas cidades que forman parte da rexión do Langstraat.
Outros eventos coñecidos da cidade son:
- Modestad Waalwijk (Waalwijk Fashion City): fin de semana da moda.
- Nacht van het levenslied (Noite da canción neerlandesa), acto no que actúan cantantes neerlandeses.
- Straattheaterfestival (Festival de teatro na rúa): unha fin de semana chea de artistas e actos de teatro polas rúas da cidade.