Abrir o menú principal

Wikipedia:Atribución dentro da Wikipedia

(Redirixido desde "WP:ATRIB")

A licenza da Wikipedia require que se lle dea atribución a tódolos usuarios involucrados na creación e alteración do contido dunha páxina. A funcionalidade do historial lista tódalas edicións realizadas nunha páxina e tódolos usuarios que fixeron eses cambios. Porén, esta funcionalidade non serve para determinar por si mesma a orixe do texto. Por ito, a copia de contido dunha páxina a outra dentro da Wikipedia require unha atribución suplementaria para que quede constancia dela. Isto significa que como mínimo debe fornecerse un resumo de edición na páxina de destino –isto é, a páxina na que se pega o material copiado– indicando que o material foi copiado, xunto cunha ligazón a páxina fonte.

Por exemplo: contido copiado de [[páxina orixe]]; vexa o historial desa páxina para a atribución.

A copia e tradución dende outro proxecto Wikimedia diferente da Galipedia tamén é posible, xa que tódolos proxectos Wikimedia usan unha licenza igual ou compatible para a maior parte do seu contido. Nestes casos o resumo de edición debería fornecer unha ligazón á fonte orixinal para manter a atribución. A maiores, existen modelos dispoñibles que poden utilizarse para esta atribución. (Ver § Copia dende outros proxectos Wikimedia para máis información sobre isto)

A atribución é necesaria para os dereitos de autoríaEditar

A Wikipedia non require que os editores liberen os seus dereitos de autoría no material contribuído. No seu lugar, requírese que co-licencien as súas contribucións baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 (CC BY-SA). Esta licenza permita reutilización e modificación, mais reserva o dereito de atribución.

Cando se utiliza material sen atribución, isto viola os termos da súa licenza, o que a súa vez viola a cláusula de dereitos e obrigas da reutilización da of política de dereitos de autoría da Wikipedia.

Outros motivos para realizar a atribuciónEditar

A atribución correcta para o texto copiado dende un artigo a outro permite que os editores atopen o historial de edicións previo do texto copiado de forma máis doada.

Se un artigo da Wikipedia (o "artigo pai") contén texto que viola os dereitos de autoría dun terceiro, e este texto cópiase a outro artigo (o "artigo fillo"), o artigo fillo tamén conterá unha violación dos dereitos de autoría. Atribuir a copia do texto no artigo fillo axuda a que os editores identifiquen este tipo de situacións.

Cando se copia texto con unha ou máis citas curtas dende un ou máis artigos pais nun artigo fillo, pero non se copian as respectivas citas completas na sección de bibliografía, pode resultar difícil identificar a fonte completa usada como referencia se non se indica a atribución axeitada á hora de copiar o texto.

Cando non se precisa atribuciónEditar

Non todo o que se copia dunha páxina da Wikipedia a outra precisa atribución. Se o reutilizador é o único autor do texto na páxina de orixe, non se necesita atribución. O contido reescrito nas propias palabras dun mesmo tampouco require atribución. Porén, a duplicación de material doutros editores suficientemente creativo como para estar suxeito a dereitos de autoría si require atribución.

Por norma xeral, o seguinte non require atribución cando se copia dentro da propia Wikipedia:

  • Expresións comúns e modismos
  • Fórmulas matemáticas e científicas básicas
  • As propias referencias, sen o texto ó que acompañan

As citas textuais de fontes externas non precisan atribución para o editor orixinal, malia que calquera texto que as acompañe si o precisa, e a inclusión da referencia á fonte orixinal segue a ser indispensable. Malia todo isto, recoméndase a realizar a atribución en tódolos casos indicados nesta sección.

Métodos axeitados para fornecer a debida atribuciónEditar

A atribución pode fornecerse incluíndo unha ligazón (wiki ou web) ou enderezo URL do artigo ou artigos fonte, ou incluíndo unha lista de tódolos autores do mesmo. Os dous métodos teñen as súas vantaxes e desvantaxes, pero ámbolos dous satisfán os requerimentos de atribución.

Ligazón (wiki ou web)
Se o material fonte procede dun ou máis autores, fornecer unha ligazón no resumo de edición é o método máis sinxelo de fornecer a debida atribución. Unha afirnación no resumo de edición do tipo "contido copiado de [[nome de páxina fonte]]; ver o historial desa páxina para a atribución completa", dirixirá as partes interesadas ó historial da páxina fonte, onde se pode comprobar quen engadiu que contido, e cando. A desvantaxe deste método é que o historial do artigo fonte debe manterse para manter a atribución. Para evitar que a fonte se elimine ou se traslade, pode axudar deixar unha nota na súa páxina de conversa. O modelo {{copiado de}} pode utilizarse tamén para este propósito, e pode usarse tamén na conversa da páxina de destino.
Lista de autores
Ó tratar cunha páxina con múltiples editores, unha ligazón adoita ser a solución máis sinxela, pero se o contido copiado so ten un autor, pode ser preferible listar unicamente a ese editor de forma individual. Usando este método o historial da páxina fonte resulta innecesario, e non importa se a páxina fonte se elimina ou se traslada posteriormente. Unha indicación no resumo de edición do tipo "texto da contribución orixinal de [[Usuario:Exemplo]] o 13 de decembro de 2019" serve como atribución. Se o material copiado ten máis dun autor, técnicamente pode cumprirse a atribución cunha nota no resumo de edición que dirixa á unha lista dos editores na páxina de conversa, malia que a ligazón á páxina fonte é a opción preferida nestes casos.

Situacións específicasEditar

Fusións de artigosEditar

Para información detallada sobre o proceso de fusión de dous artigos, ou da fusión de contido procedente dun artigo noutro, véxase Axuda:Fusión.

Copia dende outros proxectos WikimediaEditar

Cando se copian ou moven contidos vía "transwiki" dende outro proxecto Wikimedia licenciado baixo CC BY-SA (como pode ser Wikimedia Commons, Wiktionary ou Wikispecies), cúmprese a atribución ben fornecendo unha lista completa dos autores do contido orixinal (listado que pode xerarse copiando o historial da páxina remota) ou fornecendo unha ligazón directa ó contido orixinal, preferiblemente unha ligazón interwiki no resumo de edición.

Tradución dende outros proxectos WikimediaEditar

As traducións de texto procedente doutros proxectos Wikimedia son obras derivadas, e cómpre fornecer a debida atribución para satisfacer os requerimentos da súa licenza. Á hora de traducir contido dende un proxecto Wikimedia baixo licenza CC BY-SA, cómpre incluír unha nota que identifique a fonte (como unha ligazón interwiki) no resumo de edición da páxina traducida, idealmente na primeira edición. Cando sexa aplicable, pode utilizarse o marcador {{traducido de}} na páxina de conversa para suplementar a atribución de dereitos de autoría. Un exemplo tipo de atribución no resumo de edición podería ser (usando a wiki en francés como exemplo): "Contido traducido do correspondente artigo na Wikipedia en francés [[:fr:Nome do artigo en francés]]; vexa o seu historial para a atribución completa."

Traslado de material ó espazo de nomes de usuarioEditar

Cando se copia ou se move un artigo ó espazo de nomes de usuario debe cumprirse a atribución. Se un usuario copia todo ou parte dun artigo para traballar no seu espazo de usuario, debería facelo indicando un resumo de edición do tipo: Creando páxina con contido copiado da revisión 123456789 de [[título do artigo]].

Solucionar problemas de atribución insuficienteEditar

Malia que técnicamente as violacións da licenza da Wikipedia por falta de atribución constitúen violacións dos dereitos de autoría, as páxinas que conteñen texto non atribuído non precisar ser eliminadas por norma xeral. A atribución pode fornecerse de forma doada polos métodos indicados nesta páxina, usando edicións baleiras para rexistrar un resumo de edición e na páxina de conversa usando o marcador {{copiado de}}.

Para este propósito pode utilizarse un resumo de edición do tipo: NOTA: A edición previa a data de 14 de outubro de 2015 ás 22:31, copiou contido da páxina da Wikipedia localizada en [[Título da páxina fonte]], vexa o seu historial para a atribución completa.

De ser posible debería notificárselle o usuario que reutilizou o contido sen atribución do procedemento axeitado para realizar copias de texto entre páxinas coa súa debida atribución.

Solucionar problemas derivados do copiado e pegado de páxinasEditar

Se o contido completo dunha páxina se traslada a outro título copiando e pegando o contido neste outro, deixando unha redirección na páxina de orixe sen trasladar tamén o seu historial, a violación da licenza pode solucionarse utilizando o marcador {{fusión historial}}. Cando a situación é máis complexa, debería notificarse a un administrador no taboleiro para que proceda a súa revisión e tome as accións necesarias para solucionar o problema de atribución.