Vs. (álbum de Mission of Burma)

Vs. é un álbum da banda estadounidense de post-punk Mission of Burma, editado no ano 1982. Foi realizado despois do seu EP Signals, Calls, and Marches, e trátase do único álbum que lanzou a banda durante os 80, xa que pouco despois Mission of Burma separouse debido a que a Roger Miller diagnosticáronlle un acúfeno.

Vs.
Álbum de Mission of Burma
Publicado1982
Gravaciónxaneiro - abril de 1982
Estudio(s)Normandy Sound
Duración41:30
Xénero(s)post-punk
Selo(s)Ace of Hearts
Producido porRichard W. Harte
Cronoloxía
Signals, Calls, and Marches Vs. The Horrible Truth About Burma

O álbum é aclamado como un dos exemplos clásicos do movemento post-punk e foi colocado no número 49 dos 100 mellores discos dos 80 por Pitchfork Media. Eddie Vedder afirmou que o álbum de Pearl Jam de 1993 Vs. foi titulado así como homenaxe a este disco de Mission of Burma. En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 40 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]

Listaxe de cancións editar

Todos os temas foron compostos por Roger Miller agás onde se indique:

Cara 1
  1. "Secrets" – 3:22
  2. "Train" (Clint Conley) – 3:31
  3. "Trem Two" – 4:10
  4. "New Nails" – 3:00
  5. "Dead Pool" (Conley) – 4:05
  6. "Learn How" (Peter Prescott) – 3:56
Cara 2
  1. "Mica" (Conley, Holly Anderson) – 3:34
  2. "Weatherbox" – 3:29
  3. "The Ballad of Johnny Burma" – 2:00
  4. "Einstein's Day" – 4:34
  5. "Fun World" – 3:40
  6. "That's How I Escaped My Certain Fate" (Conley) – 2:04
Re-edición en CD
  1. "Forget"  – 2:59
  2. "OK/No Way" (Conley) – 1:58
  3. "Laugh the World Away" – 3:54
  4. "Progress" (Conley) – 3:06

Notas editar

  1. Rolling Stone (ed.). "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016.