Voo sen motor

actividade aérea de recreo e deporte

O voo sen motor é unha actividade de lecer e competición durante a cal os pilotos utilizan un aerodino chamado planador ou veleiro. A práctica consiste en aproveitar as correntes en chorro de aire ascendentes ou "ascensos" co planador para percorrer a maior distancia posíbel. É a técnica que máis imita o voo dos paxaros.[1]

LS1 do aeroclub Nogarò en voo sobre os Pireneos.
Arco da vella visto desde un planador.

Mentres algúns pilotos aprecian a liberdade, o pracer estético e a alegría de manexar as súas máquinas, outros céntranse no seu rendemento en competicións nas que o obxectivo é completar o máis rápido que se poida un percorrido determinado por puntos. Estes eventos pon a proba a capacidade de pilotos e copilotos (no caso de máquinas de dúas prazas) para recoñecer e utilizar as condicións meteorolóxicas, así como as súas calidades de pilotaxe e navegación. Tamén hai unha práctica acrobática chamada planador acrobático.

As rutas poden ser de diferentes tipos:

  • con obxectivos fixos nun mínimo de tempo;
  • un circuíto libre onde só se ten en conta a distancia;
  • a maior distancia posíbel nunha duración determinada.

En Galiza editar

Varias organizacións, como a Universidade de Vigo[2] ofrecen actividades de voo sen motor. Ademais, a Festa da Dorna convoca un certame humorístico de "voo sen motor" no que os artefactos e os pilotos caen ás augas da Ría de Arousa en Ribeira.[3][4]

Notas editar