Voo 847 de TWA
O voo 847 de TWA era un voo do Cairo a San Diego con escalas en Atenas, Roma, Boston e Os Ánxeles.[1] Na mañá do venres 14 de xuño de 1985 o voo 847 foi secuestrado pouco despois de engalar de Atenas.[2][3] Os secuestradores pedían a liberación de 700 musulmáns xiítas custodiados por Israel.[1] Posteriores análises occidentais consideráronos membros de Hezbollah, aínda que a organización negou esta conclusión.
Voo 847 de TWA | |
---|---|
Boeing 727 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 14 de xuño de 1985 |
Causa | secuestro |
Lugar | espazo aéreo grego |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto do Cairo |
Destino | aeroporto de San Diego |
Finados | 1 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 727-231 |
Operador | TWA |
Rexistro | N64339 |
Pasaxeiros | 139 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 146 |
Os pasaxeiros e a tripulación sufriron unha dura proba intercontinental de tres días. Algúns pasaxeiros foron ameazados e outros golpeados. Os pasaxeiros con apelidos que soaban a xudeu foron separados dos outros. O mergullador da Armada dos Estados Unidos Robert Stethem foi asasinado, e o seu corpo foi botado á pista. Ducias de pasaxeiros foron retidos como reféns durante as seguintes dúas semanas ata que foron liberados polos seus captores despois de que se cumprisen algunhas das súas demandas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Smith, William E. (2001-06-24). "Terror Aboard Flight 847". Time (en inglés). ISSN 0040-781X. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 2018-12-29.
- ↑ "Lebanon The Hostage Crisis - Flags, Maps, Economy, History, Climate, Natural Resources, Current Issues, International Agreements, Population, Social Statistics, Political System". www.photius.com. Consultado o 2018-12-29.
- ↑ "Clancy: Terror mastermind's deception cause for skepticism - CNN.com". edition.cnn.com. Consultado o 2018-12-29.