Voo 804 de EgyptAir
O voo 804 de EgyptAir foi un voo regular de pasaeiros entre o Aeroporto de París-Charles de Gaulle e o Aeroporto Internacional do Cairo, operado por EgyptAir, que se estrelou no mar Mediterráneo o 19 de maio de 2016 ás 02:33 (UTC+2).
Voo 804 de EgyptAir | |
---|---|
O avión do accidente en 2011.
| |
Resumo | |
Data | 19 de maio de 2016 |
Causa | baixo investigación |
Lugar | mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto Charles de Gaulle |
Destino | Aeroporto do Cairo |
Finados | 66 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A320-232 |
Operador | EgyptAir |
Rexistro | SU-GCC |
Pasaxeiros | 56 |
Tripulación | 10 |
Superviventes | 0 |
O control de tráfico aéreo non recibiu ningunha chamada de emerxencia, aínda transmitíronse sinais de terse detectado fume nun dos baños do avión e na baía dee aviónica a través do sistema ACARS pouco antes de que o avión desaparecese do radar. A causa do desastre aínda está sendo investigada.
Había 66 persoas a bordo: 56 pasaxeiros, 7 tripulantes e 3 gardas de seguridade. Non se atoparon superviventes. Atopáronse restos do aparello no mar a uns 290 km ao norte de Alexandria. Case catro semanas despois do accidente identificáronse varias seccións principais da fuselaxe no fondo marino, e ámbalas dúas caixas negras foron recuperadas nunca operación de busca e recuperación multinacional. O 29 de xuño funcionarios exipcios anunciaron que a gravadora de datos de voo indicaba fume no avión, e que se atoparon danos por altas temperaturas nalgúns dos restos da parte dianteira do aparello.[1]
Cara novembro de 2016 non se deran máis explicacións sobre as razóns que puideran levar ao accidente,[2] un feito criticado polo ministro francés de asuntos exteriores Jean-Marc Ayrault en agosto de 2016.[3] No mes de decembro funcionarios exipcios dixeron que foran atopados restos de explosivos nos corpos.[4]
Notas
editar- ↑ Sanchez, Ray. CNN, ed. "EgyptAir 804: Wreckage and recorder show signs of heat, smoke". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ Lexology (ed.). "Air Safety: The Fate of EgyptAir Flight 804". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ Amr, Dina. Daily News Egypt, ed. "French foreign minister calls for quicker investigations on EgyptAir MS804 crash". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ Breaking News (ed.). "Breaking News Egypt Air Flight 804". Consultado o 16 de xaneiro de 2017.