Voo 634 de Turkish Airlines
O voo 634 de Turkish Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende o aeroporto de Istanbul Atatürk ata o aeroporto de Diyarbakır, no sueste de Turquía. O día 8 de xaneiro de 2003 ás 20:19 EET (18:19 UTC), o avión que operaba a ruta, un British Aerospace Avro RJ100, golpeou o chan na aproximación final a uns 900 metros do inicio da pista no medio de malas condicións meteorolóxicas. O avión despois chocou contra unha costa e incendiouse, matando 75 dos 80 ocupantes, incluídos os pilotos.
Voo 634 de Turkish Airlines | |
---|---|
O avión accidentado en 2001
| |
Resumo | |
Data | 8 de xaneiro de 2003 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | aeroporto de Diyarbakır |
Coordenadas | |
Orixe | Istanbul-Atatürk |
Destino | aeroporto de Diyarbakır |
Finados | 75 |
Feridos | 3 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | British Aerospace Avro RJ100 |
Operador | Turkish Airlines |
Rexistro | TC-THG |
Pasaxeiros | 75 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 5 |
Avión
editarO aparello implicado era un British Aerospace Avro RJ100 construído en 1993 con número de serie E3241. O avión era propiedade de Trident Jet (Dublin) Limited, estaba equipado con catro motores Lycoming LF507-1F e voara por vez primeira en marzo de 1994. No momento do accidente tiña unhas 20 000 horas de voo nuns 17 000 ciclos.[1][2]
Tripulación e pasaxeiros
editarA tripulación estaba formada polos dous pilotos e tres asistentes de voo. O capitán era Alaaddin Yunuk, un antigo piloto da Forza Aérea de Turquía de 34 anos que se unira a Turkish Airlines en 1995 e tiña 6 309 horas de voo. O primeiro oficial era Ismail Uluslu, de 33 anos, que se unira á aeroliña en 1998 e contaba con 2 052 horas. O avión levaba 75 pasaxeiros. Das 80 persoas a bordo sobreviviron inicialmente 6, pero unha morreu posteriormente debido ás súas feridas.[3]
Notas
editar- ↑ "Kaza Kırım". Sivil Havacılık Genel Müdürlüğü. 2008-06-14. Archived from the original on 14 de xuño de 2008. Consultado o 2019-01-22.
- ↑ "Informe do accidente" (PDF). Sivil Havacılık Genel Müdürlüğü. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 2019-1-23.
- ↑ "Scot killed in Turkey air crash" (en inglés). 2003-01-09. Consultado o 2019-01-23.