Voo 603 de Dominicana

O voo 603 de Dominicana, tamén coñecido como o desastre do DC-9 de Dominicana, era un servizo internacional que se esnafrou o día 15 de febreiro de 1970. O McDonnell Douglas DC-9-32 esnafrouse pouco despois de engalar de Santo Domingo, República Dominicana, en ruta cara San Xoán, Porto Rico, matando aos 102 pasaxeiros e tripulantes a bordo. É o segundo peor accidente de aviación ocorrido na República Dominicana tras o voo 301 de Birgenair.

Voo 603 de Dominicana
DC-9-32 semellante ao do accidente
Resumo
Data  15 de febreiro de 1970
Causa  fallo de motor
Lugar  mar Caribe
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Las Américas
Destino  aeroporto Luis Muñoz Marín
Finados  102
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas DC-9-32
Operador  Dominicana de Aviación
Rexistro  HI-177
Pasaxeiros  97
Tripulación  5
Superviventes  0

Avión editar

O aparello era un McDonnell Douglas DC-9-32, con rexistro HI-177, fabricado no ano anterior. Realizara o seu primeiro voo o 30 de setembro de 1969. O avión fora transferido a Dominicana de Aviación o 16 de decembro dese mesmo ano.[1] O DC-9 estaba equipado con dous motores Pratt & Whitney JT8D-7.[2] Levaba en servizo menos dun mes coa aeroliña, con só 354 horas de voo, cando se esnafrou.[3]

Accidente editar

O reactor realizaba un servizo internacional dende o aeroporto Las Américas de Santo Domingo ata o aeroporto Luis Muñoz Marín de San Xoán. Engalou sobre as 6:30 pm, pero dous minutos despois a tripulación declarou unha emerxencia cando o motor dereito se parou, solicitando aos controladores de tráfico aéreo regresar ao aeroporto inmediatamente. Porén, mentres se preparaban para volver o motor esquerdo apagouse. Sen control o avión descendeu rapidamente e esnafrouse no mar Caribe unhas dúas millas ao norte do aeroporto. As 102 persoas a bordo morreron.[2][3][4]

Notas editar

  1. "HI-177 Dominicana McDonnell Douglas DC-9-30". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2019-01-08. 
  2. 2,0 2,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 HI-177 Santo Domingo-Las Américas International Airport (SDQ)". 143.95.41.247. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-08. 
  3. 3,0 3,1 "Una tragedia aérea que aún duele". El Nuevo Dia (en castelán). 2012-02-12. Consultado o 2019-01-08. 
  4. "Se cumplen este viernes 43 años del accidente de Dominicana de Aviación". www.7dias.com.do. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-08.