Voo 256 de Fly Jamaica Airways
O voo 256 de Fly Jamaica Airways foi un Boeing 757, con rexistro N524AT, que o día 9 de novembro de 2018 tivo que regresar ao aeroporto Cheddi Jagan na Güiana para unha aterraxe de emerxencia, despois de 45 minutos voando cara Toronto.[1] Durante a aterraxe o avión pasouse da pista. O incidente ocorreu ao redor das 2:53 am. Había 118 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo do aparello. Todos os ocupantes sobreviviron inicialmente, pero unha muller de 86 anos morreu unha semana despois do accidente polas feridas sufridas.[2] O avión quedou seriamente danado.[3][4][5] Antes deste evento, pasaran 17 anos dende a última vez na que o accidente dun Boeing 757 de pasaxeiros tivera vítimas mortais, dende os accidentes do voo 77 de American Airlines e do voo 93 de United Airlines.
Voo 256 de Fly Jamaica Airways | |
---|---|
O avión do accidente en 2015
| |
Resumo | |
Data | 9 de novembro de 2018 |
Causa | fallo hidráulico |
Lugar | aeroporto Cheddi Jagan |
Coordenadas | Coordenadas: 6°30′25″N 58°14′45″O / 6.5069722222222, -58.24575 |
Orixe | aeroporto Cheddi Jagan |
Destino | Toronto-Pearson |
Finados | 1 |
Feridos | 5 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 757-23N |
Operador | Fly Jamaica Airways |
Rexistro | N524AT |
Pasaxeiros | 118 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 125 |
Avión
editarO aparello implicado no accidente era un Boeing 757-23N, con rexistro N524AT, equipado con dous motores Rolls-Royce RB211. Fora construído no ano 1999 e voou por vez primeira con ATA Airlines e despois con outra aeroliña antes de ser mercado por Fly Jamaica en 2012.[1]
Accidente
editarO avión engalou da Güiana o 9 de novembro de 2018 ás 2:10 a.m. hora local (6:10 a.m. UTC). Ás 2:21 a.m. o piloto indicou que había algúns problemas hidráulicos e solicitou regresar ao aeroporto Cheddi Jagan.[1] Despois de pasar 43 minutos no aire o aparello realizou unha aterraxe de emerxencia ao redor das 2:53 a.m., seguido por unha evacuación inmediata do 757.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kindred, Alahna (2018-11-09). "Fly Jamaica flight to Toronto crash lands in Guyana as emergency declared 18 minutes in". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Writer, Staff (2018-11-17). "Senior injured in Fly Jamaica crash landing succumbs". Stabroek News (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Six injured as Fly Jamaica aircraft makes emergency landing in Guyana". jamaica-gleaner.com (en inglés). 2018-11-09. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ "Fly Jamaica plane crashes on emergency landing at CJIA". News Room Guyana (en inglés). 2018-11-09. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Admin (2018-11-09). "CRASH: Fly Jamaica plane makes emergency landing in Guyana". St. Lucia News Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 2018-12-25.
- ↑ Editor, Staff (2018-11-09). "Fly Jamaica in crash landing at Timehri, all passengers safe". Stabroek News (en inglés). Consultado o 2018-12-25.