Abrir o menú principal

O voo 2276 de British Airways era un voo regular internacional de pasaxeiros. O 8 de setembro de 2015 o avión que operaba a ruta, un Boeing 777-236ER con rexistro G-VIIO, incendiouse durante a engalaxe no aeroporto de Las Vegas-McCarran, tendo que abortar e realizar a evacuación de todos os seus ocupantes. O aparello, con destino a Londres-Gatwick, tiña 157 pasaxeiros e 13 tripulantes a bordo. O avión sufriu un fallo de motor non contido no motor GE90 esquerdo (#1), que acabou incendiándose. Todas as persoas a bordo sobreviviron, pero 20 resultaron feridas.[1]

Voo 2276 de British Airways
British Airways Boeing 777-236ER, G-VIIO@LGW,04.08.2009-549ci - Flickr - Aero Icarus.jpg
O avión do accidente en agosto de 2009
Resumo
Data  8 de setembro de 2015
Causa  fallo de motor non contido
Lugar  Las Vegas-McCarran
Coordenadas  36°4′34.67″N 115°9′8.96″O / 36.0762972, -115.1524889Coordenadas: 36°4′34.67″N 115°9′8.96″O / 36.0762972, -115.1524889
Orixe  Las Vegas-McCarran
Destino  Londres-Gatwick
Finados  0
Feridos  14
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 777-236ER
Operador  British Airways
Rexistro  G-VIIO
Pasaxeiros  157
Tripulación  13
Superviventes  170 (todos)

As reparacións no avión completáronse en febreiro de 2016 e regresou ao servizo o 24 de marzo.

NotasEditar