Voo 204 de China Airlines

accidente de aviación en Taiwán en 1989

O voo 204 de China Airlines foi un Boeing 737-200 que se esnafrou contra unha montaña tras engalar do aeroporto de Hualien, en Taiwán, o día 26 de outubro de 1989. O accidente matou os 54 pasaxeiros e tripulantes a bordo do avión.

Voo 204 de China Airlines
Boeing 737 semellante ao do accidente
Resumo
Data  26 de outubro de 1989
Causa  erro do piloto
Lugar  cordilleira de Chiashan
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Hualien
Destino  aeroporto de Taipei Sungshan
Finados  54
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-200
Operador  China Airlines
Rexistro  B-180
Pasaxeiros  47
Tripulación  7
Superviventes  0

Avión editar

O aparello do accidente era un Boeing 737-209, con rexistro B-180, que voara por vez primeira o 3 de decembro de 1986 e fora entregado á aeroliña dúas semanas despois.[1]

Accidente editar

O voo 204 engalou do aeroporto de Hualien nun servizo curto ata o aeroporto de Taipei Sungshan na illa de Taiwán. A bordo do Boeing 737 había 47 pasaxeiros e 7 tripulantes. Dez minutos despois da engalaxe, tras alcanzar unha altura de 7 000 pés (2 100 m) chocou contra unha montaña, parte da cordilleira de Chiashan, a 5,5 km ao norte do aeroporto. Os 54 pasaxeiros e tripulantes a bordo do avión morreron.[1][2][3]

Causa editar

A causa principal do accidente foi un erro da tripulación, composta por un capitán experimentado e un copiloto novato, engalando pola pista incorrecta, xunto co control de terra, que non se decatou do erro. O avión entón realizou o procedemento de trepada para a pista correcta, facendo que o aparello fixese un xiro á esquerda cara ás montañas en vez dun xiro á dereita cara ao mar.[2][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-209 B-180 Hualien Airport (HUN)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-16. 
  2. 2,0 2,1 Flight International 4 de novembro de 1989, p. 8.
  3. "Accident details". planecrashinfo.com. Consultado o 2018-12-16. 
  4. Flight International 6-12 de decembro de 1989, p. 8.