Voo 202 de Pan Am

O Voo 202 de Pan Am foi un Boeing 377 Stratocruiser que se esnafrou na bacía do río Amazonas a uns 520 km ao suroeste de Carolina, Brasil o 29 de abril de 1952.[1] O accidente ocorreu na ruta dende Río de Xaneiro ata Porto España, durante a terceira parte da súa viaxe de catro partes.[1] As 50 persoas a bordo morreron no peor accidente dun Boeing 377.[2]

Voo 202 de Pan Am
Boeing 377 N1033V PAA Heathrow 12.9.54.jpg
Boeing 377 semellante ao do accidente
Resumo
Data  29 de abril de 1952
Causa  separación dun motor
Lugar  520 km ao suroeste de
Carolina, Maranhão
Coordenadas  9°45′7.11″S 50°47′3.13″O / -9.7519750, -50.7842028Coordenadas: 9°45′7.11″S 50°47′3.13″O / -9.7519750, -50.7842028
Finados  50
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 377 Stratocruiser
Operador  Pan Am
Rexistro  N1039V
Pasaxeiros  41
Tripulación  9
Superviventes  0

A investigación realizouse en condicións excepcionalmente desfavorables e a causa exacta do accidente non puido concretarse. Porén, sabíase que os motores do Stratocruiser eran temperamentais, e teorizouse sobre que un motor se separou en voo despois dun fallo das hélices.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 377 Stratocruiser 10-26 N1039V Carolina, MA". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 2018-12-22. 
  2. Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Type index > ASN Aviation Safety Database results". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 2018-12-22.