Voo 150 de Garuda Indonesia

accidente de aviación en Indonesia en 1975

O voo 150 de Garuda Indonesia era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto de Kemayoran, Iacarta e o aeroporto Sultán Mahmud Badaruddin II, Palembang. O 24 de setembro de 1975 o Fokker F-28 Fellowship que operaba a ruta esnafrouse na aproximación debido ao mal tempo e á néboa a 4 quilómetros da cidade de Palembang. O accidente matou a 25 dos 61 pasaxeiros e tripulantes e a unha persoa en terra.

Voo 150 de Garuda Indonesia
Fokker F-28 semellante ao accidentado
Resumo
Data  24 de setembro de 1975
Causa  mala meteoroloxía
Lugar  preto de Palembang
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Kemayoran
Destino  Sultán Mahmud Badaruddin II
Finados  26 (1 en terra)
Feridos  36
Aeronave
Tipo de aeronave Fokker F-28 Fellowship
Operador  Garuda Indonesia
Rexistro  PK-GVC
Pasaxeiros  57
Tripulación  4
Superviventes  36

Avión editar

O aparello era un Fokker F-28 Fellowship, con rexistro PK-GVC, fabricado no ano 1971. O avión acumulaba máis de 1 000 horas de voo antes do accidente.

Accidente editar

O voo 150 de Garuda Indonesia Airways engalou do aeroporto de Kemayoran para un curto traxecto ata o aeroporto Sultán Mahmud Badaruddin II con 61 pasaxeiros e tripulantes a bordo. Menos dunha hora despois da engalaxe o avión foi autorizado polos controladores de tráfico aéreo en Palembang a iniciar a súa aproximación para aterrar na pista 28. Baixáronse os flaps e o tren de aterraxe cando o avión estaba preto e a néboa comezou a cubrir a cidade e o aeroporto. O voo 150 entrou na néboa dous minutos despois. A cola do aparello golpeou unhas árbores e a aeronave esnafrouse rompéndose en dúas partes. Non se produciu nungún incendio pero o choque matou a 25 persoas a bordo e a unha en terra. 36 ocupantes do avión sobreviviron e foron levados a un hospital local.[1][2]

Causa editar

A investigación do accidente atopou que a tripulación realizou un voo visual en condicións metorolóxicas baixo mínimos.[1][2] O voo 150 estaba a favor do vento cando o avión se aproximaba ao aeroporto no medio da néboa. Non se sabe porque o controlador non lles dixo aos pilotos que executasen unha aproximación frustrada ou porque os piotos non o fixeron pola súa conta.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fokker F-28 Fellowship 1000 PK-GVC Palembang Airport (PLM)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2011. Consultado o 2019-01-19. 
  2. 2,0 2,1 "Accident details". www.planecrashinfo.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 2019-01-19.