Voo 035 de Garuda Indonesia
O voo 035 de Garuda Indonesia era un servizo doméstico operado por Garuda Indonesia que chocou contra un poste e se estrelou na aproximación ao aeroporto internacional Polonia o 4 de abril de 1987. 23 dos 45 pasaxeiros e tripulantes a bordo morreron no accidente.
Voo 035 de Garuda Indonesia | |
---|---|
DC-9 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 4 de abril de 1987 |
Causa | mal tempo |
Lugar | aeroporto Polonia |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Sultán Iskandar Muda |
Destino | aeroporto Polonia |
Finados | 23 |
Feridos | 22 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-9-32 |
Operador | Garuda Indonesia |
Rexistro | PK-GNQ |
Pasaxeiros | 37 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 22 |
Avión
editarO aparello implicado era un Douglas DC-9-32 fabricado en 1976 con rexistro PK-GNQ. O avión quedou danado máis aló da súa reparación.[1]
Accidente
editarO avión atopábase nunha aproximación ILS ao aeroporto de Medan no medio dunha tormenta.[2] O avión golpeou contra cables eléctricos e esnafrouse antes da pista. O avión rompeuse e incendiouse e a sección de cola separouse.[3]
A meirande parte dos superviventes escaparon a través de buratos na fuselaxe e 11 deles foron lanzados fóra do avión.[3] Catro dos oito tripulantes morreron e 19 pasaxeiros sufriron feridas mortais debido á inhalación de fume e a queimaduras.[3] Catro tripulantes e 18 pasaxeiros recibiron feridas graves.[3] Todos os mortos foron resultado do lume e non do impacto do avión contra o chan.[3]
Notas
editar- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 PK-GNQ Medan-Polonia Airport (MES)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-03.
- ↑ "Garuda loses DC-9". Flight International. Consultado o 2019-1-3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Paper 2002/04 A benefit analysis for Cabin water spray systems and enhanced fuselage burnthrough protection" (PDF). CAA. Archived from the original on 06 de xuño de 2011. Consultado o 2019-1-3.