Volta ao País Vasco 2018

2017 << Volta ao País Vasco 2018 >> 2019
Clasificacións 6 etapas, 819, 9 km
[[Ficheiro:Jersey_yellow.svg}}]] - Xeral Eslovenia Primož Roglič
[[Ficheiro:Jersey white dots on red.svg}]] - Montaña España Carlos Verona
- Regularidade Eslovenia Primož Roglič
- Metas voantes España Enric Mas

A 58ª edición da Volta ao País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko 58. Itzulia, oficialmente: 2018 Itzulia Basque Country) foi a carreira ciclista por etapas que percorreu o País Vasco do o 2 ao 7 de abril de 2018.

Como é habitual, a carreira estivo formada por cinco etapas en liña e unha contra reloxo individual. Comezou en Zarautz, Guipúscoa e tras 819,9 quilómetros de percorrido rematou no epicentro do ciclismo vasco, a tamén guipuscoana vila de Éibar. A etapa raíña foi a sexta e final, co mítico ascenso a Arrate en Éibar para pechar a rolda vasca.

Esta carreira foi a décimo cuarta proba do UCI WorldTour 2018. Nesta edición houbo diversos cambios na carreira. Ademais de mudar o seu nome oficial, tamén se variaron as clasificacións secundarias. O maillot azul que antes era para o mellor das metas voantes pasou a ser para a nova clasificación dos máis xoves, mentres que o xersei dos puntos pasou de ser de cor branca a verde. O xersei de fondo vermello con puntos brancos da montaña continuou a ser o mesmo.

O vencedor xeral da volta foi o esloveno Primož Roglič que aproveitou a súa supremacía na modalidade contra o reloxo para impoñerse aos seus rivais máis directos. Ademais fíxose co xersei verde da clasificación dos puntos. Completando os caixóns do podio acabaron dous locais: no segundo lugar o alavés do Movistar Mikel Landa e na terceira praza o guipuscoano do Bahrain-Merida Ion Izagirre.

No resto de clasificacións os gañadores foron os seguintes: Carlos Verona na clasificación da montaña, Enric Mas na dos xoves e o Movistar Team entre os equipos.

Equipos editar

Este ano na proba ciclista vasca correron 22 equipos (os 18 da máxima categoría e 4 Profesionais Continentais) de 7 corredores, o que sumou un pelotón inicial 154 ciclistas.

Equipo Código Categoría
  AG2R La Mondiale ALM UCI WorldTour
  Astana AST UCI WorldTour
  Bahrain-Merida TBM UCI WorldTour
  BMC Racing Team BMC UCI WorldTour
  Bora-Hansgrohe BOH UCI WorldTour
  Burgos BH BBH Prof. Continental
  Caja Rural-Seguros RGA CJR Prof. Continental
  Cofidis COF Prof. Continental
  Team Dimension Data DDD UCI WorldTour
  EF Education First–Drapac EFD UCI WorldTour
  Euskadi Basque Country–Murias EUS Prof. Continental
  Team Katusha-Alpecin KAT UCI WorldTour
  Groupama-FDJ GFC UCI WorldTour
  Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI WorldTour
  Lotto-Soudal LTS UCI WorldTour
  Mitchelton–Scott MTS UCI WorldTour
  Movistar Team MOV UCI WorldTour
  Quick-Step Floors QST UCI WorldTour
  Team Sky SKY UCI WorldTour
  Team Sunweb SUN UCI WorldTour
  Trek-Segafredo TFS UCI WorldTour
  UAE Team Emirates UAD UCI WorldTour

Etapas editar

Nesta edición outórganse bonificacións para os tres primeiros nos sprints intermedios e en meta ao final de cada etapa. Estas bonificacións son de 3, 2, 1 e 6, 3, 1 segundos, respectivamente

Etapa Data Percorrido km Tipo[1] Vencedor Líder
1[2] 2 de abril Zarautz - Zarautz 162,1   Etapa de media montaña   Julian Alaphilippe   Julian Alaphilippe
2[3] 3 de abril Zarautz - Bermeo 166,7   Etapa de media montaña   Julian Alaphilippe
3[4] 4 de abril Bermeo - Gaubea 184,8   Etapa escarpada   Jay McCarthy
4[5] 5 de abril Lodosa - Lodosa 19,4   Contra o reloxo individual   Primož Roglič   Primož Roglič
5[6] 6 de abril Gasteiz - Éibar 164,7   Etapa de montaña   Omar Fraile
6[7] 7 de abril Éibar - Arrate 122,2   Etapa de montaña   Enric Mas

Clasificación xeral editar

Posición Ciclista Equipo Tempo
[[Ficheiro:Jersey_yellow.svg 25x25px]]   Primož Roglič   LottoNL-Jumbo 20h 53' 47"
2   Mikel Landa Movistar Team + 1' 09"
3   Ion Izagirre Bahrain-Merida + 1' 42"
4   Emanuel Buchmann Bora-Hansgrohe + 3' 14"
5   Nairo Quintana Movistar Team + 3' 17"
6   Enric Mas   Quick-Step Floors + 3' 29"
7   Bauke Mollema Trek-Segafredo + 3' 50"
8   Pello Bilbao Astana + 4' 14"
9   David de la Cruz Team Sky + 4' 15"
10   Patrick Konrad Bora-Hansgrohe + 5' 30"

Outras clasificacións editar

Clasificación da montaña editar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Carlos Verona Mitchelton 55
2   Mark Padun Bahrain 34
3   Thomas de Gendt Lotto 32
4   Enric Mas   Quick-Step 19
5   Mikel Landa Movistar 18

Clasificación da regularidade editar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Primož Roglič   Lotto 92
2   Julian Alaphilippe Quick-Step 68
3   Enric Mas   Quick-Step 48
4   Mikel Landa Movistar 46
5   Pello Bilbao Astana 43

Clasificación dos xoves editar

Pos. Ciclista Equipo Puntos
    Enric Mas Quick-Step 20h 57' 16"
2   Jack Haig Mitchelton + 6' 52"
3   Bjorg Lambrecht Lotto + 9' 26"
4   Alex Aranburu Caja Rural + 11' 14"
5   Valentin Madouas FDJ + 15' 16"

Clasificación por equipos editar

Pos. Equipo Tempo
[[Ficheiro:Jersey_yellow_number.svg 25x25px]]   Movistar

Notas editar

  1. "Vuelta País Vasco 2018: Perfiles y dorsales oficiales". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  2. "1ª Vuelta País Vasco: Alaphilippe gana y Roglic araña". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  3. "2ª Vuelta País Vasco: Alaphilippe y Quick Step a lo suyo". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  4. "3ª Vuelta País Vasco: McCarthy, las mismas que Sagan". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  5. "4ª Vuelta País Vasco: Roglic pone el amarillo en su sitio". Ciclo21. Consultado o 5 de abril de 2018. 
  6. "5ª Vuelta País Vasco: Landa anima, Roglic responde, Fraile gana". Ciclo21. Consultado o 8 de abril de 2018. 
  7. "6ª Vuelta País Vasco: Roglic, el indestructible". Ciclo21. Consultado o 8 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar