Volcano Suns foi unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Boston, Massachusetts, e formada polo batería de Mission of Burma, Peter Prescott, no ano 1984.[1]

Volcano Suns
Pete Prescott
OrixeBoston, Massachusetts,
Período1984 - 1991
2005
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)SST Records, Homestead Records, Quarterstick Records
MembrosPeter Prescott
Bob Weston
David Kleiler
Gary Waleik
Steve Michener
Jeff Weigand
Jon Williams
Chuck Hahn
Artistas relacionadosMission of Burma, Big Dipper, Shellac, Dredd Foole and the Din, Kustomized
Na rede
http://www.myspace.com/volcanosuns
MySpace: volcanosuns Bandcamp: volcanosuns Spotify: 2yGHZnE4gUwNZptQcxDVkC Musicbrainz: 4837e8d3-a13f-4670-9684-82970411f4bc Songkick: 522322 Discogs: 269029 Deezer: 1658613 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A banda formouna na primavera de 1984 o antigo batería de Mission of Burma e Molls Peter Prescott, sendo o único membro orixinal de Volcano Suns que quedaba cando o grupo separouse en 1991.[1][2] Os outros membros orixinais eran Gary Waleik e Steve Michener, que marcharían despois duns poucos meses, antes do lanzamento do primeiro álbum do grupo, para formar Big Dipper.[1][3] Prescott incorporou entón a Jeff Weigand ao baixo e a Jon Williams á guitarra. Esta segunda formación creou o álbum de estrea da banda, The Bright Orange Years (1985), ademais do segundo, All-Night Lotus Party (1986), ámbolos dous editados a través do desaparecido selo Homestead Records.[1] En 1987 Bob Weston e Chuck Hahn substituíron a Weigand e Williams respectivamente para gravar Bumper Crop, o seu derradeiro álbum con Homestead.[1][4] No traballo tamén colaboraron Roger Miller tocando o piano e Gary Waleik o sitar.

En 1988 a banda asinou co selo de Greg Ginn SST Records para publicar o seu cuarto álbum, Farced.[1] A formación foi a mesma que no seu anterior traballo, incluíndo a Miller no piano e a Waleik no sitar. No ano 1989 chegou o seu lanzamento máis experimental, Thing of Beauty, tamén a través de SST, no cal David Kleiler (anteriormente na banda Sorry) substituíu a Chuck Hahn na guitarra.[5] Esta sería a derradeiros formación de Volcano Suns. A bands moveuse ao selo independente baseado en Chicago Quarterstick Records para editar o seu derradeiro álbum en 1991, Career in Rock.[1] O disco foi gravado por Steve Albini, que posteriormente traballaría con Bob Weston en Shellac.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
The Bright Orange Years 1985 Homestead Records
All-Night Lotus Party 1986 Homestead Records
Bumper Crop 1987 Homestead Records
Farced 1988 SST Records
Thing of Beauty 1989 SST Records
Career in Rock 1991 Quarterstick Records
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 559
  2. Coley, Byron (xaneiro de 1987). "Under the Volcanos". Spin: 53–54. 
  3. Klein, David (2009-02-25). "Even with two lauded reissues, Volcano Suns ducks fame". INDY Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-20. 
  4. "Bumper Crop - Volcano Suns | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 
  5. "Thing of Beauty - Volcano Suns | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • [ Páxina da banda]