Volcán de Fuencaliente

Coordenadas: 28°29′09″N 17°50′54″O / 28.485919444444, -17.848244444444 O Volcán de Fuencaliente foi unha erupción do volcán de Cumbre Vieja, en La Palma, Canarias, que tivo lugar en 1677. O volcán destruíu o balneario de Fuente Santa. Actualmente só quedan as coladas do volcán, pois os conos foron destruídos polo concello de Fuencaliente de La Palma para construír un aparcadoiro de pago para os turistas que visitan o veciño Volcán de San Antonio, que se trata dun gran cono prehistórico, que é comunmente confundido co Volcán de Fuencaliente. Está protexido dentro do Monumento Natural dos Volcáns de Teneguía.