Volcán Teneguía

cono activo no volcán Cumbre Vieja, na illa da Palma, nas Canarias

O volcán de Teneguía foi a última erupción volcánica en España. Tivo lugar no volcán de Cumbre Vieja (que é o volcán propiamente dito), na illa da Palma, Canarias, en 2021.

Volcán Teneguía

O seu nome provén dun roque próximo moi famoso que contén petróglifos guanches. Antes de entrar en erupción xa se produciran numerosos terremotos cuxa intensidade ía en aumento, o que alertou os veciños de Fuencaliente de La Palma, de onde xurdiu o volcán. A erupción durou desde o 26 de outubro de 1971 até o 28 de novembro dese ano. Foi unha erupción relativamente curta, a máis curta das históricas das Canarias, sobre todo se se compara coa que durou 6 anos en Lanzarote no século XVIII.

Este volcán foi o único que tivo vítimas mortais nas Canarias. Tratouse dun fotógrafo descoidado que se aproximou demasiado ao volcán, cuxos gases tóxicos aspirou e asfixiouse. O volcán produciu danos materiais aos cultivos de vide da zona e destruíu unha praia, aínda que logo se formou outra grazas ás súas coladas. Non lle afectou ás zonas poboadas e grazas á proximidade da costa, a lava vertida ao mar, solidificándose, fixo aumentar un pouco o tamaño da illa.

O volcán converteuse nun atractivo turístico, e numerosos voos chárter e frecuencias especiais foron programadas para cubrir a demanda de pasaxes dos turistas que querían ver o volcán. Tamén foi un foco importante de atención e estudo para os científicos da época.

O volcán forma parte do Monumento Natural dos Volcáns de Teneguía.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar