Abrir o menú principal

Vladimiro I de Kiev, tamén coñecido como Vladimiro I o Grande, así como o Sol Vermello[1] e San Vladimiro,[2] nacido Vladímir Sviatoslavich (en ucraíno: Володимир Святославич; en ruso: Владимир I Святославич, Владимир Красное Солнышко; en eslavo oriental antigo: Володимеръ Святославичь), nado contra 958[3] e finado no Mosteiro de Bérestovo (Kiev) en 1015, foi príncipe de Nóvgorod (970) e gran príncipe de Kiev (980-1015).

Vladimiro I
Gran Príncipe de Kiev
Vladimir-I-Sviatoslavich.jpg
Vladimiro I de Kiev

Reinado980-1015
Nome completoVladímir Sviatoslavich
Outros títulosPríncipe de Nóvgorod
Nacemento958
Falecemento15 de xullo de 1015
Mosteiro de Bérestovo
PredecesorYaropolk I
SucesorSviatopolk I
ConsorteRogneda de Polatsk
Ana Porfiroxéneta
DescendenciaIziaslav de Pólatsk
Yaroslav I o Sabio
Mstislav de Chernígov
San Borís e San Gleb
María Dobroniega de Kiev
ProxenitoresSviatoslav I
Malusha

Foi unha das grandes figuras da Rusia medieval (e da Ucraína), tanto desde un punto de vista político como espiritual.

NomeEditar

De acordo coa Crónica de Néstor, a crónica máis antiga da Rus de Kiev, o seu nome real era Volodímer (en ruso antigo: Володимеръ).

Dependendo do idioma este nome pode ter variacións: en ucraíno moderno Володимир, en ruso moderno Влади́мир, en nórdico antigo Valdamarr e en nórdico moderno Valdemar.

Chegada ao tronoEditar

Era fillo do príncipe Sviatoslav I e de Malusha,[4] unha escrava descrita nas lendas como profetisa que viviu até os 100 anos e que fora levada ao palacio desde a súa cova para predicir o futuro. O irmán de Malusha, Dobrynya, foi o titor de Vladímir e o seu gran conselleiro.

Sviatoslav designou a Vladímir como gobernante de Nóvgorod, mentres que a Iaropolk, o seu fillo lexítimo, deulle Kiev. Despois da morte de Sviatoslav no ano 972 desatouse unha guerra entre Iaropolk e os seu irmán menor Oleg, rexente de Drevlinia, a terra dos drevlianos.

O ano 977 Vladímir visitou a Haakon Sigurdsson, gobernante de Noruega, e recrutou a maior cantidade de guerreiros viquingos que puido para que o axudasen a recuperar Nóvgorod. Ao ano seguinte, marchou contra Iaropolk. No seu camiño a Kiev, enviou embaixadores a Rógvolod, príncipe de Polotsk, para pedirlle a man da súa filla Rogneda. A princesa rexeitou casar con el, pero Vladímir atacou Polotsk e tomou a Rogneda á forza.

Polotsk resultou un lugar clave, xunto con Smolensk, para a toma de Kiev no ano 980. Foi coroado o 11 de xuño dese ano como Príncipe de Nóvgorod. Vladímir acusou a Iaropolk de traizón e, no mesmo ano de 980, despois da súa vitoria sobre a rus sur de Iaropolk,[5] fíxoo asasinar, e violou a súa muller Xulia (quen traería ao mundo pouco tempo despois un fillo, Sviatopolk, oficialmente fillo de Iaropolk, aínda que certas fontes afirman que sería en realidade fillo de Vladímir).

Comezou o seu reinado cunha serie de campañas vitoriosas contra os estados veciños (incluíndo os polacos e os búlgaros do Volga (musulmá) e o 11 de xuño de 980 foi proclamado príncipe da Rus de Kiev Gran príncipe de Kiev.

ReinadoEditar

Xa como rexente do principado, Vladímir continuou expandindo os seus territorios. No ano 981 conquistou numerosas cidades situadas no que hoxe é a Galicia ucraína. E no ano 983 tomou o control da zona que se encontra entre Lituania e Polonia, ademais de construír moitas fortalezas e colonias ao redor do seu reino.

 
"O Bautismo de San Vladimiro"
por Viktor Vasnetsov.

A pesar de que o cristianismo xa gañara moitos adeptos, Vladímir permaneceu como pagán, chegando a ter até 800 concubinas e numerosas esposas,[6] erixindo estatuas e templos pagáns. Porén, por consello dos seus achegados, enviou varios emisarios a estudar as relixións de varios dos países veciños que lle pediran que se unise ás súas respectivas relixións. Finalmente, no ano 988 converteuse ao cristianismo, e iniciou a cristianización da Rus de Kiev, debido ao marabillados que quedaron os seus emisarios ao llegar a Constantinopla e ver os festivais que a Igrexa bizantina preparara para eles.

No mesmo ano de 988, negociou a man da irmá do emperador Basilio II, Ana Porfiroxéneta. Foi a primeira voda realizada entre unha princesa grega e un pagán, para o cal Vladímir foi bautizado antes de poder formalizar o matrimonio. O bautizo e o matrimonio producíronlle grandes cambios no seu carácter. Ao seu regreso a Kiev, derrubou todos os monumentos pagáns e construíu numerosas igrexas, entre elas a Igrexa da Dormición da Virxe. Foi a primeira igrexa de pedra de Kiev, e ordenou a súa construción entre 989 e 996 por traballadores bizantinos e autóctonos para conmemorar o bautismo da Rus de Kiev.

Porén, existe outra versión sobre a conversión de Vladímir ao cristianismo. No ano 987, Bardas Skleros o Mozo e Bardas Focas rebeláronse contra o emperador Basilio II. Os dous rebeldes uniron as súas forzas por un tempo, pero pouco despois Bardas Focas autoproclamouse emperador. Basilio pediu á Rus de Kiev axuda, aínda que nesa época se consideraban inimigos. Vladímir accedeu a cambio da man da súa irmá e aceptou converterse ao cristianismo. Cando os preparativos para a voda terminaron, Vladímir enviou 6.000 efectivos das súas tropas varegas (viquingas) ao Imperio bizantino, que puxeron fin á revolta.[7].

Despois do seu matrimonio con Ana, formou un gran consello cos seus máis próximos conselleiros, ademais de cos seus 11 (ou 12) fillos que tivo coas súas esposas e concubinas.

Vladímir morreu en Beréstovo (Kiev). Foi enterrado na Igrexa dos Décimos que el edificara. O seu corpo foi despois desmembrado e distribuído ente as súas numerosas fundacións sagradas e venerado como reliquia.

Considerado o principal fundador da Santa Rusia', tamén é un personaxe recorrente nas bilinas (былина) rusas, poemas épicos tradicionais, na poesía heroica dos eslavos orientais da Rus de Kiev, continuando a tradición en Rusia e Ucraína. Nestes poemas épicos repeséntase xeralmente como soberano xusto e respectado polos seus súbditos, á imaxe das lendas celtas do rei Arturo.

Segundo a crónica de Néstor,

Vladímir deixouse levar polo amor das mulleres... porque era vicioso como Salomón

. O bispo alemán Thietmar describiuno como fornicator immensus et crudelis, mentres que os cronistas se refiren aos centenares de concubinas que gardaba no seu palacio de Vishgorod.

Á súa morte, unha guerra de sucesión fratricida (1015-1019) estalou entre o seu sobriño Sviatopolk I e varios dos seus moitos fillos, entre eles Gleb e Iaroslav.

FamiliaEditar

Unións e descendenciaEditar

Non se coñece o nome exacto dos seus fillos, nin mesmo se algúns deles son realemente seus (varios dos seus fillos teñen así mesmo unha nai suposta).

 
Vladímir e Rogneda (por Anton Losenko, 1770).

AntepasadosEditar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Rúrik
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Igor de Kiev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Sviatoslav I
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Olga de Kiev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Iaropolk I de Kiev, pai de Vladímir
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Malk Liubechánina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Malusha
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

GaleríasEditar

Galería de retratosEditar

Galería de monumentosEditar

Galería numismáticaEditar

Galería filatélicaEditar

San VladimiroEditar

Vladímir foi canonizado, como San Vladimiro, e é venerado na Igrexa católica e na Igrexa ortodoxa. A súa festividade é o 15 de xullo. É o patrón de Rusia e de Ucraína.

Legado e homenaxesEditar

Predecesor:
Iaropolk I
Gran Príncipe da Rus de Kiev

 
Gran Príncipe de Kiev e Nóvgorod
978 - 1015

Sucesor:
Sviatopolk I

NotasEditar

  1. Nas epopeas.
  2. Na Igrexa católica.
  3. As fontes diverxen, pero indican todas unha data de nacemento comprendida entre de 956 e 960.
  4. The New England Historical and Genealogical Register (1846-), Boston, Massachusetts: New England Historic Genealogical Society, 1846-), FHL book 974 B2ne; CD-ROM No 33 Parts 1-9; See FHL., vol. 150 p. 427, 32.
  5. Den hellige Vladimir av Kiev (~956–1015), en Katolske Kirke (en noruegués).
  6. Franklin, S; Shepard, J. (1998). The Emergence of Rus 750-1200 (en inglés). Longman. p. 190. ISBN 978-0582490918. 
  7. Histoire de Yahya-Ibn-Said d'Antioche Continuateur de Sa'id-Ibn-Bitrik (texto árabe e francés) editado e traducido por I. Kratchkovsky e A. Vasilev, Patrologia orientalis ed. por R. Graffin e F. Nau, XXIII, Paris, 1932.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dvornik, Francis (1970): "La Russie de Kiev" en Les Slaves histoire, civilisation de l'Antiquité aux débuts de l'Époque contemporaine, Paris: Seuil, pp. 171-228.
  • Moss, Walter G. (2002): A History of Russia. Volume I: To 1917. 2ª ed. London: Anthem Press. ISBN 1-84331-023-6
  • Volkoff, Vladimir (1981): Vladimir, le Soleil rouge. Paris e Lausanne: Julliard. ISBN 2-260-00268-4.

Outros artigosEditar