O Vlaams Belang (en neerlandés, Interese Flamengo) é un partido político flamengo herdeiro do Vlaams Blok (Bloque Flamengo), ilegalizado en 2004 acusado de promover o racismo e a xenofobia. O Vlaams Belang defínese como republicano, independentista, de dereitas e defensor dos intereses dos flamengos. O seu bastión principal é Antuerpen, cidade na cal nas eleccións do 8 de outubro de 2006 obtivo un 33'51% dos votos. Amósase partidario da expulsión dos inmigrantes ilegais e contrario ó fundamentalismo islámico. O seu eslogan é Eigen volk eerst (Primeiro, o propio pobo). As súas xuventudes son as Vlaams Belang Jongeren.

Vlaams Belang (VB)
Partido político de Flandres e Bruxelas-Capital
Dirixentes e organización
LíderBruno Valkeniers
MocidadesVlaams Belang Jongeren
Filiación internacionalNon inscritos
Historia
Fundación2004
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo flamengo
Conservadorismo
Representación
Representación12 escanos de 150 no Parlamento Belga
2 escanos de 40 no Senado
Outros datos
SedeMadouplein 8 bus 9 1210 Bruxelas
Na rede
www.vlaamsbelang.org
Facebook: vlbelang Twitter: vlbelang Instagram: vlaamsbelang LinkedIn: vlaamsbelang Youtube: UCDpPYb8N7CCcAaDrCptF6TQ Editar o valor em Wikidata

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar