Vix é un municipio francés, situado no departamento de Côte-d'Or e na rexión de Borgoña-Franco Condado. No ano 2007 tiña 108 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaVix
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°54′21″N 4°32′21″L / 47.9058, 4.5392Coordenadas: 47°54′21″N 4°32′21″L / 47.9058, 4.5392
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsBorgoña-Franco Condado
DepartamentoCôte-d’Or Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación98 (2021) Editar o valor em Wikidata (27,76 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921357 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie3,53 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Sena Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal21400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Historia editar

Na aldea foi encontrado o tesouro do chamado túmulo da Dama de Vix, tipo de carro, a tumba dunha princesa celta que apareceu ao escavar a necrópole dun oppidum da cultura de Hallstatt situado en Vix.[1] Forma parte dun importante conxunto prehistórico dos períodos celtas da cultura de Hallstatt e de La Téne, que inclúe un importante asentamento fortificado e varios túmulos. Chegou intacta até os nosos días, e entre o enxoval funerario destaca unha enorme crátera de bronce de orixe grega, que confirma a existencia de relacións económicas entre o Mediterráneo e Europa central xa no século VI a.C. A crátera é parte do brasón do municipio.

A cámara funeraria, de9 m2, permaneceu esquecida durante 2.500 anos, posibelmente porque o progreso da vila desapareceu coa princesa. Un profesor de filosofía da veciña localidade de Châtillon-sur-Seine, René Joffroy, atopou o túmulo en 1953.

Vix asumiu un modelo de organización sociopolítica de tipo preurbano, unha rede de vilas principescas, cunha notable estratificación social no seu interior, máis complexa que a simple aristocracia dos guerreiros.

Demografía editar

Poboación editar

En 2007 a poboación de facto de Vix era de 108 persoas. Había 43 familias, das cales 12 eran unipersoais (8 homes vivían sós e 4 mulleres soas), 12 parellas sen fillos, 15 parellas con fillos e 4 familias monoparentais con fillos.

Casas editar

No ano 2007 había 51 vivendas, 45 eran a vivenda principal da familia, 5 eran segundas residencias e 1 estaba desocupada. 50 eran vivendas e 1 un apartamento. Das 45 vivendas principais, 42 estaban ocupadas polos seus propietarios, 2 estaban alugadas e ocupadas por inquilinos e 1 en réxime de alugueiro gratuíto; 7 tiñan tres cámaras, 9 tiñan catro e 30 tiñan cinco ou máis. 38 vivendas tiñan polo menos unha praza de aparcadoiro. 17 vivendas tiñan un coche e 27 tiñan dous ou máis.[2]

No ano 2007 a poboación en idade de traballar era de 70 persoas, 53 estaban activas e 17 inactivas. Das 53 persoas activas, 49 estaban ocupadas (24 homes e 25 mulleres) e 4 no paro (2 homes e 2 mulleres). Das 17 persoas inactivas, 7 estaban xubiladas, 6 estudaban e 4 estaban "outros inactivos".[3] No ano 2000 había 5 explotacións agrarias en Vix. Dos 3 establecementos que existían no ano 2007, 2 eran de construtoras e 1 de comercio e reparación de automóbiles.[4] O único servizo privado dispoñible en 2009 era un pintor.[5]

Notas editar

  1. "La suntuosa tumba celta de la dama de Vix". historia.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2015-10-23. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-22. 
  2. Logement, 1968-2007
  3. Emploi et population active 1999 et 2007
  4. "Nombre d’établissements par secteur d’activité et par taille en 2014". www.insee.fr. Consultado o 2023-01-22. 
  5. "Résultats de la recherche". www.insee.fr. Consultado o 2023-01-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar