Vita Merlini

Merlín e o rei Artur

Vita Merlini (en galego A vida de Merlín) é unha obra do autor normando-galés Geoffrey de Monmouth, escrita en latín por volta do ano 1150. Contén acontecementos da vida do mago británico Merlín.

ContidosEditar

Merlín aparece descrito no texto como un profeta. Hai unha serie de episodios nos que perde a súa mente e vive nos bosques como un animal salvaxe, de maneira semellante a Nebuchadnezzar no Libro de Daniel. É ademais o primeiro libro en describir a bruxa Morgan le Fay como Morgana.

Godofredo xa escribira sobre Merlín nas súas dúas obras previas: en Prophetiae Merlini [As profecías de Merlín] e na Historia Regum Britanniae [Historia dos reis de Britania], na cal se narra o primeiro vínculo que une a Merlín co Rei Artur. Vita Merlini presenta unha imaxe do mago moito máis fiel ás tradicions de Gales sobre Myrddin Wyllt, o arquetipo detrás da figura de Merlín. As historias narradas no libro acontecen durante o século VI. A obra fai referencia a varios personaxes da época, incluíndo Gwenddoleu e Taliesin. Geoffrey intenta enlazar o conxunto das historias co correspondente ao seu traballo anterior mediante o propio personaxe de Merlín, quen confesa xa ter estado con Artur moito antes.

NotasEditar

  • Vita Merlini, Basil Clarke's English translation from Life of Merlin: Vita Merlini (Cardiff: University of Wales Press, 1973) de Jones Celtic Encyclopedia
  • The Vita Merlini Latin text by Geoffrey of Monmouth and Translated by John Jay Parry from Sacred-Texts.com.
  • "A Close Translation of the Vita Merlini" por Michael Skupin (www.skupinbooks.com)