Vita Imana é un grupo musical de groove metal procedente de Madrid. Formado no 2005, levan editados catro álbums de estudio, actuando en varios festivais nacionais e internacionais coma o Festimad, o Wacken Open Air ou o Resurrection Fest entre outros.

Vita Imana
Actuación no Aversion Fest 2015
OrixeMadrid, España España
Período2005 - actualidade
Xénero(s)groove metal, thrash metal
Na rede
vitaimana.com
Twitter: VitaimanA Spotify: 2MhwMqSDaQ3lhptUIGn3iw Musicbrainz: 6d0cf451-bb72-42c2-b688-84dcb7e5a534 Songkick: 1949991 Discogs: 3768067 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O grupo foi fundado no 2005 polo batería Daniel García e o baixista Pepe Blanco, incorporando posteriormente a Román García e "Puppy" coma guitarristas, e a Míriam Baz na percusión. O vocalista Javier Cardoso incorporouse á formación no 2007. Durante os primeiros anos o grupo realizou varias actuacións polo territorio español e gravaron un EP titulado "Despierta".

En marzo de 2010 publicaron o seu primeiro álbum de estudio, titulado En Otro Lugar. O álbum foi autoeditado polo grupo e mesturado por Mika Jussila,[1] e foi recibido con boas críticas en xeral polos medios especializados.[2] Trala publicación do disco firmaron coa axencia Sobry Music, e actuaron en varios festivais internacionais, destacando a súa actuación no Wacken Open Air ao que accederon por medio do concurso organizado polo mesmo festival ao gañar a final nacional do mesmo.[3]

O seu segundo álbum de estudio, titulado Uluh, foi publicado o 30 de xaneiro de 2012,[4] seguido dunha xira do grupo por España que incluíu actuacións no Sonisphere,[5] o Viña Rock, Costa de Fuego ou o Derrame Rock[6] entre outros.

O seu terceiro álbum de estudio foi titulado Oceanidae, publicado en marzo de 2014, tendo de novo unha boa recepción xeral por parte da crítica especializada,[7][8] e o seu cuarto álbum de estudio foi El M4l, publicado no 2017.[9][10]

Membros editar

  • Mero Mero (voz)
  • Román García (guitarra)
  • Diego López (guitarra)
  • Pepe Blanco (baixo, voces)
  • Míriam Baz (percusión)
  • Daniel García (batería)

Antigos membros editar

  • Javier Cardoso (voz)
  • Puppy (guitarra)

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Notas editar

  1. Mika Jussila. "Artists" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 7 de abril de 2015. 
  2. Jordi Zelig Tàrrega (6 de marzo de 2010). The Metal Circus, ed. "Vita Imana: En Otro Lugar" (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2015. 
  3. Metaltrip, ed. (19 de maio de 2010). "Vita Imana en el Wacken Open Air" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2010. Consultado o 7 de abril de 2015. 
  4. Rock Estatal, ed. (30 de xaneiro de 2012). "Vita Imana ponen a la venta ‘Uluh’, su nuevo disco" (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2015. 
  5. Europapress, ed. (27 de maio de 2012). "Más de 54 000 personas vibran con Metallica en el Sonisphere Festival" (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2015. 
  6. Europapress, ed. (28 de xuño de 2012). "El concierto de Los Suaves iniciará este jueves tres días de música en el Derrame Rock de Ourense" (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2015. 
  7. Black Gallego (24 de marzo de 2014). Hipersónica, ed. "Vita Imana – Oceanidae" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 7 de abril de 2015. 
  8. Jorge del Amo Mazarío (31 de marzo de 2014). Rafabasa, ed. "Crítica del Cd de VITA IMANA – Oceanidae" (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2015. 
  9. "“EL M4L” es el cuarto disco de Vita Imana". El Lado Oscuro de la Luna (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 7 de xuño de 2017. 
  10. López, Alberto (11 de maio de 2017). "VITA IMANA: EL M4L // AUTOEDITADO". Metal Symphony (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar