Nosa Señora de Begoña

(Redirección desde «Virxe de Begoña»)

A Virxe de Begoña é unha advocación mariana católica orixinaria da elizate de Begoña, actualmente no concello de Bilbao. Foi declarada canonicamente patroa de Bilbao e Biscaia en 1903 por Pío X, e a súa festividade celébrase o 11 de outubro. Venérase na Basílica da Nosa Señora de Begoña, que comezou a construírse no século XVI.

Nosa Señora de Begoña
A Virxe de Begoña
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devociónen Begoña (Bilbao)
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade11 de outubro
Santuario principalBasílica da Nosa Señora de Begoña
Patroa deBiscaia, Xixón

Tamén é a patroa de Xixón. Atópase na parroquia da nosa Señora de Begoña, na Avenida da Costa. Esta advocación apareceu na cidade no século XVIII, coa construción dunha capela na súa honra.

Venérase tamén nunha ermida en Almáciga (Santa Cruz de Tenerife), nunha gruta en Miraflores de la Sierra, na Colonia Virgen de Begoña e en Naguanagua (Venezuela).