Virginie Demont-Breton
Virginie Élodie Marie Thérèse Demont-Breton, nada en Courrières o 26 de xullo de 1859 e finada en París o 10 de xaneiro de 1935, foi unha pintora francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1859 Courrières, Francia |
Morte | 10 de xaneiro de 1935 (75 anos) París, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintora, escritora |
Membro de | |
Movemento | Naturalismo (pt) |
Profesores | Jules Breton (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Adrien Demont |
Fillos | Adrienne Ball-Demont, Louise Demont, Éliane Demont |
Pais | Jules Breton e Élodie Breton |
Parentes | Edmond de Vigne, tío |
Premios | |
Descrito pola fonte | Women Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) , (sec:Demont-Breton, Madame) Women in the fine arts, from the seventh century B.C. to the twentieth century A.D. (en) |
Biografía
editarO seu pai Jules Breton e o seu tío Émile Breton eran pintores coñecidos. A través do seu pai presentouse a outros pintores, sendo a máis influente Rosa Bonheur, que se converteu nun modelo e mentora de Virginie.[1] Casou co pintor Adrien Demont en 1880.
A súa carreira artística comezou cedo debido a que tiña vínculos familiares con pintores, e rematou a súa primeira pintura aos catorce anos.[2] Aos vinte anos expuxo no Salón onde recibiu unha mención de honra e, catro anos máis tarde, gañou unha medalla de ouro na Exposición de Ámsterdam.
En 1890, ela e o seu marido mudáronse a Wissant, unha pequena aldea da Côte d'Opale, onde construíron unha vila deseñada polo arquitecto belga Edmond De Vigne. Chamada "Typhonium", é de estilo neoexipcio e é Monumento Histórico desde 1985.[3]
Demont-Breton expuxo o seu traballo no Palacio de Belas Artes, no Edificio Infantil e no Edificio da Muller na Exposición Mundial de Columbia de 1893 en Chicago, Illinois.[4]
Foi presidenta da Unión de Mulleres Pintoras e Escultoras de 1895 a 1901, aínda que renunciou por un curto período de tempo en debido a un desacordo entre ela e a comunidade da Unión sobre o que ela consideraba os seus métodos de votación inxustos.[5] Traballou con Hélène Bertaux no seu esforzo por abrir a École des Beaux-Arts ás estudantes; un obxectivo que se conseguiu en 1897. Grazas ao seu éxito neste esforzo, as mulleres artistas tiveron a oportunidade non só de estar presentes en ámbitos académicos, senón tamén de utilizar ferramentas artísticas que antes non estaban dispoñibles, como modelos de espidos.[6] Foi a segunda muller en ser condecorada coa Légion d'honneur -a primeira muller fora a súa mentora Rosa Bonheur- en 1894,[7] e converteuse en Oficial en 1914. O ano anterior, fora elixida para a Real Academia de Belas Artes (Anveres) en 1913.
Orixinalmente pintou retratos e escenas históricas pero, tras mudarse a Wissant, pasou a pintar os pescadores e as súas familias nun estilo costumista e realista. En 1889, Vincent van Gogh pintou a súa propia versión dunha das súas obras, L'Homme Est en Mer ("O seu home está no mar"). Tamén pintou escenas de maternidade.
Galería
editar-
Alma mater
-
Mozo pescador
-
Esposa de pescador
-
Na auga
-
O seu home está no mar de Virginie Demont-Breton
-
O seu home está no mar (despois de Demont-Breton), de Vincent van Gogh, 1889, colección privada
-
Baixo o laranxeiro
-
Nai e fillo nun laranxeiro
-
Nena cunha guirlanda de flores silvestres
Obra escrita
editarNotas
editar- ↑ Gaze, Delia. "Dictionary of Women Artists: Artists, J-Z." Fitzroy Dearborn Publishers 1 (1997): 449.
- ↑ Waller, Susan. "Fin de partie: A Group of Self-Portraits by Jean-Léon Gérôme." Nineteenth-Century Art Worldwide 9, no. 1 (2015): 297-308.
- ↑ "Villa Le Typhonium". www.pop.culture.gouv.fr. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "French Women Painters: 1893 Exposition--page 2". arcadiasystems.org. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ Garb, Tamar. "Sisters of the Bush." Yale University Press, 1994, 14-18.
- ↑ Radycki, Diane. "“Pictures of Flesh”: Modersohn-Becker and the Nude." Woman's Art Journal; Outuno-inverno de 2009; 30, nº 2: 3-14.
- ↑ "Recherche - Base de données Léonore". www.leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr. Consultado o 2022-06-30.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Virginie Demont-Breton |
Bibliografía
editar- Visages de Terre et de Mer - Regards de peintres à Wissant à la fin du 19è siècle, obra colectiva, Michèle Moyne-Charlet, Anne Esnault, Annette Bourrut Lacouture e Yann Gobert-Sergent, edición Pas-de-Calais, SilvanaEditoriale, agosto de 2014, 135 páxinas.
- Yann Gobert-Sergent, "Virginie Demont-Breton (1859-1935), Peintre et témoin de la vie des marins de la Côte d'Opale", na Revue Boulogne et la Mer, #14, xullo de 2008, páxinas 4–7 .
- Annette Bourrut-Lacouture, "Virginie Demont-Breton (1859-1935) peintre de Wissant. La famille, la mer et les mythes fin de siècle", Bononia, #19, 1991, páxinas 36–45.
- Lee Bacon (1897). "A Painter of Motherhood. Virginie Demont-Breton. Chevalière de la Légion d'Honneur". The Century Illustrated Magazine. Vol. 53. Scribner & Company. pp. 210–215. Consultado o 1 de outubro de 2020.