Virgilio Rodríguez

futbolista galego

Virgilio Rodríguez Rincón, nado na Coruña c. 1889 e finado na mesma cidade o 2 de xuño de 1978, foi un futbolista galego. Xogaba como dianteiro e foi un dos fundadores do Deportivo da Coruña, autor do primeiro gol da historia do club, e presidente deste en dúas etapas.

Virgilio
Información persoal
Nome Virgilio Rodríguez Rincón
Nacemento c. 1889
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 2 de xuño de 1978
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1906–1913 Deportivo da Coruña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Era un habitual do ximnasio da Sala Calvet, onde comezou a practicar salto de altura e de lonxitude e a vogar coa traiñeira do club.[1][2][3] En 1906 foi un dos fundadores do Deportivo da Coruña, formando parte do equipo que disputou o primeiro partido da historia do club, contra o Corunna Foot-ball Club, e anotando o primeiro gol nese mesmo encontro. Xogou como dianteiro no equipo durante varios anos, e participou en 1912 da conquista do primeiro título oficial do club, o Concurso España, derrotando ao Vigo FC.[4]

A primeira imaxe en cor do Deportivo da Coruña é un óleo do pintor Francisco Lloréns, no que Virgilio aparece realizando un saque de banda.[5][6]

Como dirixente editar

A súa primeira etapa na directiva do Deportivo comezou xa en 1908, como contador do club. Posteriormente foi presidente do Deportivo Auténtico, unha escisión saída dos xogadores do Deportivo molestos coa directiva,[7] e conseguiu a reunificación das dúas partes en 1918, converténdose no quinto presidente do Deportivo.[6]

Despois ostentou outros cargos dentro da directiva, como o de secretario, o cal ocupou durante a presidencia de seu irmán Guzmán, ou vicepresidente[8] Entre 1945 e 1946 foi novamente presidente, tendo que afrontar graves problemas económicos no club, pero logrando o ascenso á Primeira División ao remate da tempada.[8]

Faleceu o 2 de xuño de 1978, aos 89 anos de idade, sendo o socio número 1 do Deportivo.[9] Trala súa morte o club creou a Medalla ao Deportivismo Virgilio Rodríguez Rincón, sendo entregada a primeira delas a Manuel Cagiao Muíños, antigo dirixente do club e socio número 1 despois do pasamento de Virgilio.[10]

Notas editar

  1. "Sala Calvet". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 1904. p. 1. 
  2. "Las regatas". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 1906. p. 1. 
  3. "La fiesta romana". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de agosto de 1906. p. 1. 
  4. "Copa España de la Federación Española de Clubs de football" (PDF). Vida Sportiva (en castelán) (17). 15 de setembro de 1912. p. 5. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  5. Centeno, Alexandre (27 de decembro de 2018). "La primera imagen en color del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "Restaurado un cadro de Lloréns de 1911 que representa por primeira vez as cores do Deportivo con Virgilio como protagonista". Deportivo da Coruña. 26 de decembro de 2018. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  7. "Elección de directivas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de decembro de 1917. p. 1. 
  8. 8,0 8,1 Vara, Orestes (21 de setembro de 1963). "Virgilio Rodríguez Rincón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 12. 
  9. "Murio Virgilio Rodriguez Rincon". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 1978. p. 36. 
  10. "Creada la medalla a! deportlvismo con el nombre de «Virgilio Rodríguez Rincón»". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1978. p. 37. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar