Virgilio Leret

Militar español (1902-1936)
(Redirección desde «Virgilio Leret Ruiz»)


Virgilio Leret Ruiz, nado en Pamplona o 23 de agosto de 1902 e finado en Melilla o 18 de xullo de 1936, foi un militar, aviador, enxeñeiro e inventor español. Mantívose leal á República tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, e foi un dos primeiros oficiais executados polos sublevados na guerra civil española. Esposo da escritora e xornalista Carlota O'Neill, que pasou tres anos e nove meses en prisión[1] tras a execución do capitán, partindo posteriormente a Venezuela por motivos de traballo e non exiliada[2] coas dúas fillas da parella.

Infotaula de personaVirgilio Leret

Retrato Virgilio Leret por Eulogia Merle
no MUNCYT, A Coruña
Nome orixinalViegilio Leret Ruiz
Biografía
Nacemento(es) Virgilio Leret Ruiz Editar o valor em Wikidata
23 de agosto de 1902 Editar o valor em Wikidata
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Melilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Caballero del Azul Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , enxeñeiro , sindicalista , inventor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1917 Editar o valor em Wikidata - 1936 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua francesa e árabe Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor em Wikidata
Rango militarcomandante Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Guerra do Rif Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarlota O'Neill (1929–1936) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webvirgilioleretruiz.es Editar o valor em Wikidata

Participou na Guerra de Marrocos, onde iniciou a súa carreira como aviador. Falaba árabe e francés. En 1935 comezou un proxecto dun motor a reacción (denominado mototurbocompresor de reacción continua) que non puido levar a cabo.[3]

Traxectoria editar

Fillo do tenente coronel Carlos Leret Úbeda. Seguiu a carreira familiar (militar en Cuba), aínda que con grandes inclinacións cara ao técnico.[4] Ao quince anos entrou na Academia de Infantería de Toledo, onde se graduou como alférez o 8 de xullo de 1920. Pouco despois foi destinado ao Rexemento do Serrallo nº 69, con base en Ceuta.

Guerra de Marrocos editar

Participou na campaña de Marrocos entre 1920 e 1924, loitando contra os rebeldes acaudillados por Muley Ahmed ao-Raisuli e Abd el-Krim. Entre outras moitas accións, tomou parte na Ocupación de Xauen e no Desembarco de Alhucemas. Soportou heroicamente, xunto a 20 dos seus soldados, o duro asedio imposto durante 21 días polos rifeños ao blocao que defendían. Por estas datas aprendeu árabe e francés.

A súa campaña como aviador iniciouna no Protectorado Español de Marrocos, en 1925, onde permaneceu até 1927. Durante este tempo formou parte do 2º grupo de Escuadrilla da Zona Occidental, do 5º Grupo Expedicionario e da Escuadrilla Breguet-Rolls. Durante o desembarco de Alhucemas, o seu avión foi abatido e, despois de camiñar 24 horas por territorio inimigo, logrou salvar a súa vida alcanzando a pé a zona francesa do protectorado marroquí, situado a unha gran distancia. En 1929, despois de 5 anos de estudo, obtivo o título de Enxeñeiro Libre Mecánico Electricista, coa máis alta cualificación. Estaba totalmente envorcado no exército e nos seus proxectos, pero tamén tiña tempo para tocar o violín e para escribir ficción, asinando co pseudónimo de "El Caballero de Azul".[5] Para entón a Guerra do Rif finalizara e atopábase de novo na Península Ibérica. En paralelo a esta intensa actividade, na década de 1920 coñeceu en Barcelona á que sería a súa esposa, Carlota O'Neill, madrileña de orixe mexicana e feminista de esquerdas, que marcou profundamente a súa vida.

Debido á súa actividade militar en Marrocos, foi recompensado tres veces: en 1922 e, máis tarde, 1927 e 1929 coa Cruz de Primeira Clase co distintivo vermello. O rei Afonso XIII nomeouno Cabaleiro de Primeira Clase da Orde do Mérito Militar. Das súas condecoracións, a primeira foi polas súas actuacións en terra, mentres que a segunda e a terceira foron polas súas actuacións heroicas no aire.

Segunda República editar

En 1930 achábase destinado en Xetafe cando estoupou en Jaca, o 12 de decembro, a sublevación republicana de Fermín Galán e García Hernández. O 15 de decembro tivo lugar un novo intento de golpe republicano en Xetafe, protagonizado por Ramón Franco, Hidalgo de Cisneros e Gonzalo Queipo de Llano. Os oficiais, Leret incluído, solicitaron do xefe da base que se lles permitise non disparar contra os seus compañeiros sublevados. Isto fixo que fosen tamén acusados de rebelión militar, mentres que os tres nomeados fuxiron a Portugal (e logo a París), o resto pasou a detención polos últimos dirixentes da Monarquía. Leret entrou en prisión pero sería por pouco tempo, pois o 14 de abril de 1931 proclamouse a Segunda República Española e foi inmediatamente amnistiado.

Entre 1931 e 1932 estivo presente en varios destinos militares, sendo destinado en xuño de 1932 á Base Aeronaval El Atalayón, situada preto de Melilla, na beira da Mar Chica. En 1934 formou parte da Escuadrilla Dornier, que deu a volta a España. Nese mesmo ano, un decreto do Goberno (xa durante o bienio radical-cedista) obrigaba a declarar aos militares "que non pertencían a ningunha sociedade política e/ou sindical". Leret declarou non pertencer a ningún partido nin sindicato. Cando comezou a Revolución de Asturias, en outubro do 1934, un lexionario declarou nun medio: "mentres exista a Lexión non entrará o comunismo en España". Ao ouvir esta declaración, Virgilio escribiu unha carta ao xeneral xefe da circunscrición oriental do Protectorado, Manuel Romerales, preguntando se se derogara o decreto de non pertenza a sociedades políticas. O xeneral Romerales ordenou o arresto de Leret e a incoación de expediente xudicial.

Durante o tempo que estivo en prisión deseñou un motor a reacción, orixinal e revolucionario para a súa época, ao que denominou mototurbocompresor de reacción continua.[6] Este invento foi patentado no Rexistro da Propiedade Industrial de Madrid, o 28 de marzo de 1935, co nº 137.729.

Golpe de estado de xullo de 1936 editar

O 17 de xullo de 1936 exercía a xefatura accidental da Base Aeronaval El Atalayón. Ao iniciarse a sublevación en Melilla que daría orixe á Guerra civil española defendeu a base do ataque do 2º Escuadrón do Tabor de Cabalaría de Regulares, ao mando do capitán Corbalán.[7] Durante este ataque, o fogo de Leret e os seus homes causou a morte dun sarxento e un soldado marroquís da unidade atacante, que foron os primeiros mortos da guerra civil española. Ante a resistencia da base, o 2º Tabor de Infantaría de Regulares, ao mando do comandante Mohammed ben Mizzian, interrompeu a súa marcha cara a Melilla para cooperar no asalto, pero antes de que este se renovase Leret e os seus homes rendéronse, ante a evidente desproporción de forzas. Segundo os sublevados, foi feito prisioneiro, trasladárono ao forte de Rostrogordo onde foi fusilado o 18 de xullo de 1936, en compañía de dous alféreces de aviación que se significaron na defensa da base, así como dos capitáns Luis Casado Escudero e Joaquín Fernández Gálvez.

A súa esposa Carlota, que desenvolvera a súa traxectoria feminista como dramaturga e como directora do xornal Nosotros, foi detida, como moitas outras fillas e mulleres de republicanos, e separada das súas fillas, Carlota e Mariela. Foi xulgada por un tribunal militar dezaoito meses despois da súa detención e condenada a seis anos de prisión, por saber ruso, por subversiva e pola súa responsabilidade nos actos do seu marido.[8] Ao traballar no semanario REDENCIÓN coas autoridades franquistas cumpriú 3 anos e nove meses de cárcere [9]

Tras a súa saída do cárcere en 1941, Carlota O'Neill levou os planos do mototurbocompresor de reacción continua á embaixada británica para darllos a James Dickson, agregado de aviación, coa idea de que puidesen ser útiles á causa aliada; tivo que facer grandes esforzos por recuperar a custodia das súas fillas, antes de partir ao exilio en Venezuela e logo en México. Alí escribiu Una mujer en la guerra de España, onde narrou a súa experiencia.

A familia de Virgilio en España mantivo unha das copias manuscritas do avión e as memorias matemáticas e considera partes do libro mentiras non probadas como o exilio ao Venezuela.[10][11]

Recoñecementos editar

En marzo de 2011 estreouse un documental sobre a figura de Leret, dirixido polo xornalista pamplonés Mikel Donaza e producido por ETB, a Fundación AENA e a Universidade Pública de Navarra, co título Virgilio Leret, o cabaleiro do azul, en referencia ao pseudónimo usado por Leret nas súas obras de ficción.

A familia de Virgilio Leret Ruiz en España iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para cambiar a rúa de Aviador Zorita (Demetrio Zorita Alonso), proposta polo Comisionado de Memoria Histórica do Concello de Madrid, pola de Virgilio Leret Ruiz.[12][13]. O Concello de Madrid mantivo a rúa ao Comandante Zorita, poñendo de relevo o incumplimiento da Lei de Memoria Histórica por Manuela Carmena e o seu consistorio.

En maio de 2017, tras unha denuncia pública da Federación de Foros pola Memoria, os familiares de Virgilio Leret Ruiz en España iniciaron unha campaña para que o Museo de Aeronáutica e Astronáutica de España recoñecese o seu fusilamiento polas súas ideas de esquerda. Grazas ao apoio da Confederación Xeral do Traballo e da Asociación de ex Presos Políticos Antifranquistas conseguiuse cambiar a ficha.[14][15]

Notas editar

  1. Xosé Estévez Leret (2013-07-15). "Semanario franquista redención y edad de sus hijas". 
  2. Csa (2018-05-22). "Los Leret en España ¡La verdad!: Carlota O'Neill no fue al exilio". Los Leret en España ¡La verdad!. 
  3. Natalia Junquera. "Carlota hace volar al capitán Leret". 
  4. Nodo50. "Héroes de la 2ª República, Virgilio Leret Ruiz" (pdf). 
  5. Noticias de Navarra. ""Un documental rescata la figura del militar e ingeniero pamplonés Virgilio Leret Ruiz"". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 10 de abril de 2018. 
  6. Público. "Aviador visionario". 
  7. Público. "Acabamos de fusilar al capitán". 
  8. El holocausto español. Odio y exterminio en la Guerra Civil y después. Random House Mondadori. 2011. ISBN 978-84-8306-852-6. 
  9. "Random House". 2017-05-14. 
  10. "I congreso de víctimas del franquismo" (PDF). congresovitimasdofranquismo.org. 
  11. Leret, Carlota. "VIRGILIO LERET Y CARLOTA O’NEILL: VÍCTIMAS DEL FRANQUISMO". "¿Verdad, justicia y reparación. Actas de I Congreso de Víctimas del Franquismo". I Congreso Víctimas del Franquismo. Consultado o 2019-04-01. 
  12. "Fue fusilado sin juicio previo y a día de hoy aún no sabemos dónde fue enterrado". elfarodemelilla.es. Consultado o 04-06-2018. 
  13. "Petición de justicia: Una calle para el asesinado, Virgilio Leret Ruiz, y no para el fascista, Comandante Zorita". rojoynegro.info. Arquivado dende o orixinal o 22-05-2018. Consultado o 04-06-2018. 
  14. "80 años después del fin de las libertades, seguimos en pie de lucha" (PDF). memorialibertaria.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19-05-2018. Consultado o 04-06-2018. 
  15. "Petición al Museo del Aire" (PDF). memorialibertaria.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19-05-2018. Consultado o 04-06-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar