Vince Melouney
Vince Melouney, nado o 18 de agosto de 1945 en Sydney, é un guitarrista e letrista australiano que formou parte dos grupos Billy Thorpe & The Aztecs, Vince & Tony's Two, Bee Gees, Fanny Adams e The Vince Maloney Sect.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Vincent Kevin Melouney 18 de agosto de 1945 (78 anos) Sydney, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , compositor de cancións , músico |
Período de actividade | 1965 - |
Xénero artístico | Música rock |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Polydor Records Atco Records Kapp Records |
Carreira
editarFoi un dos membros fundadores de Billy Thorpe & The Aztecs, servindo como o guitarrista principal de 1963 a 1965, logo formou un dúo de curta vida co antigo compoñente dos Aztecs Tony Barber, denominado Vince & Tony's Two. En 1966 gravou "I Need Your Lovin' Tonight" e a súa cara B "Mystery Train" con Barry Gibb, Robin Gibb e Maurice Gibb cantando os coros en ámbalas dúas cancións.[1]
En 1967, despois de se instalar no Reino Unido e contactar cos irmáns Gibb, que xa coñecera en Australia, entrou nos Bee Gees. Foi o guitarrista principal nos seus primeiros tres álbums; Bee Gees' 1st, Horizontal e Idea. En xuño de 1968 escribiu e gravou "Such a Shame" que se editou na versión británica do álbum Idea. O 1 de decembro de 1968 actuou por última vez cos Bee Gees.[2]
En 1969, formou un supergrupo de curta vida, Fanny Adams, con Doug Parkinson, Teddy Toi e Johnny Dick que gravou un álbum Fanny Adams.[3] No verán de 1976 escribiu para os Bee Gee "Let It Ride" e "Morning Rain", pero finalmente non se gravaron[4].A comezos da década de 1980 regresou a Australia, actuando en xiras con John Paul Young co nome de John Paul Young and The All Stars, dedicouse despois á publicidade [5]. En 1999 actuou de novo cos Bee Gees nun concerto en Sidney e realizou unha xira con Billy Thorpe and the Aztecs en 2002/3, ao seu remate editou o seu primeiro álbum en solitario "Here At Last", reeditado ao ano seguinte como Covers con novos temas, incluíndo versións de cancións de Steve Millers, Billy Joel ou Rufus Thomas.
Discografía
editarBilly Thorpe & The Aztecs
editar- "I Told The Brook" / "Funny Face" (1965)
- "Twilight Time" / "My Girl Josephine (1965)
- "Hallelujah I Love Her So" / "Baby Hold Me Close" (1965)
- "Poison Ivy" / "Blue Day" (1965)
- "Love Letters" / "Dancing In The Street" (1965)
Bee Gees
editar- Bee Gees' 1st (1967)
- Horizontal (1968)
- Idea (1968)
- Odessa (1969)
Notas
editar- ↑ Joseph Brennan. "Gibb Songs: 1966".
- ↑ Tobler, John (1992). NME Rock 'N' Roll Years (1st ed.). London: Reed International Books Ltd. p. 190. CN 5585.
- ↑ Discogs.com. "Fanny Adams: Fanny Adams".
- ↑ Joseph Brennan. "Gibb Songs: 1976".
- ↑ "Vince Meloney. Entrevista con Claudia Seeger". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2013.