Vince Lombardi

adestrador de fútbol americano estadounidense

Vincent Thomas Lombardi, nado o 11 de xuño de 1913 en Brooklyn (Nova York) e finado o 3 de setembro de 1970 en Washington, D.C., foi un adestrador de fútbol americano estadounidense de ascendencia italiana. Lombardi foi adestrador xefe dos Green Bay Packers da National Football League (NFL) entre 1959 e 1967 e dos Washington Redskins por unha temporada (1969). Antes, comezara a súa carreira como técnico no posto de coordinador ofensivo dos New York Giants. Ademais, foi director xeral dos Packers en 1968. Gañou con esa franquía as dúas primeiras Super Bowls da historia. O seu rexistro en tempada regular é 96-34-6, mentres que en playoff é un destacábel 9-1. Isto fai un total de 105 vitorias, 35 derrotas e 6 empates.[1]

Vince Lombardi
pé de foto
Vince Lombardi, 1964
Información persoal
Nacemento:11 de xuño de 1913
Lugar:Nova York Brooklyn, Nova York
Falecemento:3 de setembro de 1970
Lugar:Washington, D.C. Washington, D.C.
Información da carreira
Universidade:Fordham (1934–1936)
Historial de equipos
Como adestrador:
(Coordinador ofensivo)
(Adestrador xefe)
(Director xeral)
(Adestrador xefe)
Premios e galardóns
  • 2× Super Bowl (I, II)
  • 6× Campión NFL (1956, 1961, 1962, 1965–1967)
  • 2× Adestrador do ano da NFL (1959, 1961)
Estatísticas NFL
Récord en liga:96-34-6
Récord en playoffs:9-1
Récord total:105–35–6
% de vitorias:71,9
Estatísticas como adestrador en PFR

Lombardi morreu en 1970 dun cancro de colon que lle diagnosticaron en xuño de 1970, semanas antes de dirixir o seu segundo campamento de adestramento á fronte dos Redskins. Unha semana antes da súa morte, a NFL nomeou o trofeo do campión do Super Bowl "Trofeo Vince Lombardi" na súa honra. En 1971 ingresou no Salón da Fama do Fútbol Americano Profesional. Está considerado como un dos mellores adestradores de fútbol americano da historia, así como figura representativa do futbal americano e do espírito gañador.

Notas editar

  1. "Vince Lombardi Record". Pro Football Reference. Consultado o 19 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar