Vime
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2012.) |
O vime, vimbio, vimbis, bringa ou vimia[1] é unha vara longa e fina que provén das pólas moles e flexíbeis do vimieiro, que se emprega para atar monllos, facer cestos e mobles, atar vides etc. É un material utilizado dende tempos primitivos. Hoxe desígnase coma vime calquera materia prima de orixe vexetal con características semellantes.
Etimoloxía
editarA verba galega, coincidente coa portuguesa, vime, vén do latín vimen. Tamén se lle denomina en Galicia: vimbia, vimbio, vimia, bringa.
Materiais
editarAlén da vimeira orixinal, na cestaría úsanse outros materiais bastante comúns como algunhas gramíneas, pólas doutros salgueiros, como o salgueiro bravo, pólas de abeleira, millo, canas e bambús. Empréganse poliñas, ou mesmo o tronco principal, sempre que sexa fino e flexíbel.
A súa composición semella feble, mais é robusta, tornándose nunha opción de materia prima barata e doada de obter. Despois de ser trenzado con firmeza, posúe gran resistencia e durabilidade.
Histórico
editarNa Antigüidade utilizouse este material para facer escudos, coma no Imperio Persa. Referencias documentais dan conta da súa existencia no Antigo Exipto e tamén se cre que o seu uso expandiuse na Idade de Ferro, con grande influencia no desenvolvemento da arte celta.
O vime estivo presente nos primeiros prototipos de globos e avións, polo seu baixo peso e resistencia; nos globos, até en tempos actuais, é un dos materias co que se confeccionan os cestos no que van os pasaxeiros.
Nos tempos modernos a súa estética foi influenciada fortemente polo Movemento de Artes e Oficios, do final do século XX.
O rexistro máis antigo nas Américas de artefacto de vime é o de Heywood-Wakefield, en Gardner, Massachusetts. Os artefactos antigos en vime son bastante valorados polos coleccionistas.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vime.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vime |