Vilobí d'Onyar é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña, que pertence á comarca da Selva. Forma parte da área urbana da cidade de Xirona e ademais da capital municipal inclúe os núcleos de Salitja e Sant Dalmai.

Modelo:Xeografía políticaVilobí d'Onyar
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°53′20″N 2°44′33″L / 41.888888888889, 2.7425Coordenadas: 41°53′20″N 2°44′33″L / 41.888888888889, 2.7425
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialComarques Gironines
ComarcaSelva Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.278 (2023) Editar o valor em Wikidata (100,55 hab./km²)
Número de fogares111 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie32,6 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Onyar Editar o valor em Wikidata
Altitude122 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJoan Pagès Aregay (pt) Traducir (–2023) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17185 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE17233 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT172333 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvilobidonyar.cat Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A súa orixe remóntase á época de romanización do territorio, xa que preto da vila pasaba unha importante comunicación romana, a Vía Augusta. Os restos arqueolóxicos atopados na zona son da época do Paleolítico Medio. A primeira documentación escrita aparece no ano 882 co nome de Villa Albini. Un dos seus personaxes máis destacados foi o remensa Pere Antoni que participou na crise da pagesia catalá no século XV. O crecemento da poboación mantívose constante dende a segunda metade do século XIX ata a década de 1980, cando o desenvolvemento urbano comezou a ser moi importante.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2013
1.103 1.680 1.665 1.562 1.808 2.223 3.108

Economía editar

As fontes máis destacadas de ingresos na localidade eran a gandería e a agricultura, que evolucionou da tradicional cando se iniciou a mecanización dos traballos do campo. Para potenciar o turismo realízanse varias iniciativas como a Feira da Botifarra dolça ou a Feira do leite. A construción do Aeroporto de Xirona-Costa Brava, en 1967 no concello, transformou a súa economía, xa que é o punto de chegada de milleiros de turistas.

Lugares de interese editar

  • Igrexa parroquial de Sant Esteve, de 1773, con campanario barroco.
  • Castelo de Vilobí, dos séculos XII e XIII.
  • Capela de Santa Margarida, do século XIII.
  • Igrexa de Santa Maria de Salitja, de estilo barroco-neoclásico, do século XVIII.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar