Santalla de Vilausende, Ribadeo

parroquia civil do concello de Ribadeo
(Redirección desde «Vilausende»)

Santalla de Vilausende é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo. Pertence ó arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo do ano 2004, ten 226 habitantes, agrupados en 8 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade media de 21,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 182 habitantes, sendo 88 homes e 94 mulleres.

Santalla de Vilausende
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°29′13″N 7°04′28″O / 43.48691928, -7.0743712Coordenadas: 43°29′13″N 7°04′28″O / 43.48691928, -7.0743712
Área10,46 km²
Poboación157 hab. (2020)
Densidade15,01 hab./km²
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

As entidades de poboación son Lourido (12 hab, segundo censo 2014), Porto de Abaixo (26), Porto de Arriba (27), O Río da Veiga (14), San Tomé (5), Santalla (45), A Torre (16) e Vilausende (37). Os lugares (forman parte dalgunhas das entidades) son O Carbón, Os Castros e A Curuxeira.

Xeografía editar

Limita ó norte coas parroquias de Ove, A Devesa e Covelas, ó oeste coa de Cedofeita, ó sur coas de Couxela e A Valboa (Trabada) e ó leste coa ría de Ribadeo. Ten unha altitude media de 100 metros. Está regada por dous regatos: cara ao norte o regato da Fraga e cara ao sur o regato da Veiga.

Historia editar

O seu topónimo posiblemente provén do nome do posesor xermánico xa latinizado Adosindus, que na documentación medieval aparece na súa forma xenitiva Adosindi. Na súa evolución perdeu o d intervocálico, co que o cambio fonético do i en e dá a forma Aosende, que unida ó seu precompoñente Vila forma Vilaosende. O ditongo ao convértese ás veces en au, formando Vilausende, como está recollido oficialmente, aínda que moitos veciños seguen a pronunciar Vilaosende. Aparece documentada como Villadosindi.[2]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial ten no seu interior imaxes de estilo barroco do século XVIII.

Os restos do pazo de Quinta Longa, no lugar dos Castros, é un conxunto en mal estado de conservación. A casa conserva a súa estrutura primitiva, con parte do patio de ingreso e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada coa inscrición e cartelado cos emblemas dos Montenegro e Luaces. Completan o conxunto un pombal de forma hexagonal e unha capela que estivo adicada a Virxe da Inmaculada, que conforman un recinto todo amurallado.

No lugar dos Castros quedan restos dun poboado castrexo con cerámica abundante e varios muíños de man, e no lugar da Torre, o Castro da Torre.[3]

Festas e lecer editar

Celébranse as festas patronais o 10 de decembro, na honra a Santa Eulalia. A Festa das Flores, que vén sendo máis relevante, celébrase a derradeira semana de maio ou ben a primeira de xuño. O 10 de xuño tamén se celebran as Festas do Corazón de Xesús. Trátase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que noutrora considerábase que bailar ese día era pecado e na actualidade se está a conservar tal tradición.

Galería de imaxes editar

Lugares de Santalla de Vilausende editar

Lugares da parroquia de Santalla de Vilausende no concello de Ribadeo (Lugo)

A Curuxeira | Lourido | Porto de Abaixo | Porto de Arriba | O Río da Veiga | San Tomé | Santalla | A Torre | Vilausende

Parroquias de Ribadeo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  3. Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar