Vilar do Monte, Aguada, Carballedo
Vilar do Monte é un lugar da parroquia de Aguada, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 tiña doce habitantes (sete mulleres e cinco homes).
Vilar do Monte | |
---|---|
Parroquia | Aguada |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°30′36″N 7°54′03″O / 42.51, -7.9008055555556Coordenadas: 42°30′36″N 7°54′03″O / 42.51, -7.9008055555556 |
Poboación | 12 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo está relacionado co latín villaris, derivado de villa. Do monte, por estar situado nun monte, é pois un orónimo[1].
Patrimonio
editarNeste lugar hai mámoas, túmulos megalíticos[2].
En Vilar do Monte naceu Vicenta Sotelo Puga, a avoa de Ramón Otero Pedrayo.
Alcumes populares en Aguada
editarA Corveira, a curiosidá;Vila Real, a Tolda;
Cabalgantes, os das Lamas;
Andantes, os de Nodar;
Puntuales, os de Vilar do Monte;
Chatoleiros, os de Quintián;
Lobos ruzos, os de Agrexán;
Roubamantas, os de Pico;
Acubilladores, os de Inxerto;
Fariñeiros, os da Aguada;
Rosquilleiros, os de Marrubio;
E calcapelicos, os de Vidueiros[3]
Notas
editar- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 19/09/2017.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 20/09/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 123. ISBN 84-7041-041-5.
Lugares e parroquias
editarLugares de Aguada
editarLugares da parroquia de Aguada no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Agrexán | Aguada de Arriba | O Alto das Lamas | Bidueiros | A Corveira | A Eirexe | Enxerto | Fufín | As Lamas | Marrubio | Nodar | Pico | Quintela | Sever | A Tolda | Vilar do Monte |