Vilachá, Pereira, O Pino
Vilachá é unha aldea de parroquia de Pereira, no concello do Pino, a menos de 200 m ao sur da estrada nacional N-547, que vai de Lugo a Santiago, a uns 700 m ao sur do Camiño de Santiago e a uns sete quilómetros ao leste do aeroporto internacional de Lavacolla. Segundo o IGE[1], en 2019 tiña 76 habitantes (38 homes e 38 mulleres).
Vilachá | |
---|---|
Casa no centro de Vilachá con fonte ou bebedoiro | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°53′54″N 8°22′53″O / 42.898208333333, -8.3814194444444 |
Poboación | 76 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase dunha zona rural de pouca pendente, numerosos regatos e unha vexetación conformada principalmente por eucaliptos, piñeiros e, aínda que en menor medida, carballos. Ao igual que no resto de parroquias do concello do Pino, son frecuentes en Vilachá os agros de millo e verza. Apenas a 600 m ao sur discorre o río Brandelos, que nesta parte acaba por adentrarse no concello de Touro.
Outros topónimos desta área próxima a Vilachá son, ao norte, Cotera (que estriba o Castro de Amenal), ao leste a Fonte Peña de Arca (a 170 m da rúa da Casilla, no Pedrouzo) e a Corredoira do Monte, e, por fin, ao sueste, en dirección ás terras do concello de Touro, os topónimos de Debaixo das Quenllas e As Fontiñas (en dirección á ermida de San Cidre ou Sidro, en Bama).
Esta localidade conta con varios exemplos de hórreos tipo O Pino.
Galería de imaxes
editar-
Paisaxe típica das terras de Vilachá
-
Hórreo tipo O Pino en Vilachá
-
Casa de cachotaría reconstruída con ladrillo (feísmo de fagocito con paries nudum)
-
Corredoira con muros de cachotería no centro
-
Entrada en Vilachá polo oeste
Lugares e parroquias
editarLugares de Pereira
editarLugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino
editarNotas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021.