Real Vigo Sporting Club

(Redirección desde «Vigo Sporting»)

O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo.

Real Vigo S. C.
NomeReal Vigo Sporting Club
Fundación1913
Desaparición1923
EstadioCampo de Coia
Coia, Vigo, Galicia Galicia
Na casa

Historia editar

O club naceu da fusión entre o Vigo Foot-ball Club (que xa absorbera ó New Club previamente) e o Sporting Club no ano 1913[1][2][3]. O club recibiu en 1914 o título de Real, pasando a ser chamado Real Vigo Sporting Club.

O seu gran rival foi o Fortuna de Vigo, club co que acabaría fusionandose en 1923 para dar lugar ó Celta de Vigo.

O último derbi entre os dous clubs antes da fusión foi o 11 de marzo de 1923, gañando o Vigo Sporting o Campionato de Galicia cun gol de Ramón. O equipo titular formárono Isidro, Otero, Pérez, Queralt, Pepe Hermida, Cosme, Gerardo, Ramón, Chiarroni, Tito e Pinilla.

Palmarés editar

Notas editar

  1. "Notas deportivas. Pequeño resumen". Noticiero de Vigo nº 11.628 (en castelán). 27 de xaneiro de 1914. p. 1. 
  2. "Notas deportivas. Fusión del Vigo y el Sporting". Noticiero de Vigo nº 11.537 (en castelán). 30 de setembro de 1913. p. 2. 
  3. "Galicia. Pontevedra". La voz de la verdad nº 951 (en castelán). 1 de outubro de 1913. p. 4. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar