Vidal Payo Fernández
Vidal Payo Fernández, nado en Alemparte (Lalín) en 1915 e finado en Lalín, o 5 de maio de 2008, foi un canteiro e escultor galego.
Vidal Payo Fernández | |
---|---|
Nacemento | 1915 |
Lugar de nacemento | Alemparte |
Falecemento | 5 de maio de 2008 |
Lugar de falecemento | Lalín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | canteiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Orfo de nai comeza a traballar o granito á idade de 13 anos nos montes de Alemparte e Pedroso e aos 18 anos xa posuía o seu propio grupo de canteiros. Casou con Carme Cangado coa que tivo cinco.
A súa obra caracterízase pola forza expresiva con influencia do románico galego. En palabras de Antón Castro: "Ten un tradicional traballo primitivista e radicalmente galego, en canto ao proceso estético, de Vidal Payo, enérxico na concepción de formas que evocan a sabedoría expresionista dos mellores canteiros, aqueles que souberon dotar de sensibilidade e gusto aos seus proxectos, tal como nos deixa ver nesas mulleres laxeirianas de granito".
ObrasEditar
Ten obra espallada por Galiza, Madrid, Canarias, Andalucía, Cataluña, Asturias, Italia, Francia, Alemaña, Venezuela ou Arxentina. A súa obra pódese dividir en sete grandes grupos: cruceiros, figuras relixiosas, figuras profanas e nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles.
- Cruceiros: Rodeiro (1951), Madrid (1968), Ourense (1960), Vilanova de Arousa (1983), Burela (1988), Alto do Faro (1994), Complexo 2000 (Lalín, 1994).
- Figuras relixiosas: Sagrado Corazón (Lalín, 1956); (Oviedo, 1957); Peregrina (Cambados, 1957); Virxe do Carme (Moneixas-Lalín, 1982); Peregrina e Apóstolo (Lugo, 1983); San Antón (A Coruña, 1985); Divina Pastora (Lalín, 1992).
- Figuras profanas e nus: Afiador (Alemaña, 1959); Leiteira (A Coruña, 1972); Carallás (Arxentina, 1978); O cura das abellas (Chantada, 1984); Ferreiro (Fundación "A Solaina", Piloño-Vila de Cruces, 1984); Nu colección Requeixo (1985), Nus gregos (Vigo, 1985); Maternidades (Ourense, 1963 e 1973. A Coruña, 1981. Lalín, 1986).
- Fontes: Ferrol (1962 e 1986), Santiago de Compostela (1964), Vigo (1965), Lalín (1970), A Coruña (1978).
- Escudos: Santiago de Compostela (1969), Rodeiro (1982), Lugo (1987), Pontevedra (1987), Lalín (1998).
- Construcións: Ampliación da Igrexa de Lalín: naves laterais, campanario, sancristía...
Premios e distinciónsEditar
- 22 diplomas de Honra.
- Primeira medalla no certame Ano Santo Compostelán (1971).
- Medalla na Feira da Casa de Campo de Madrid e na Exposición de Artesanía de Santiago de Compostela (1972).
- No Palacio de Cristal de Madrid outórgaselle a categoría de "Artesán Distinguido" (1972).
- Felicitación de Honra en Palma (1975).