Vida e morte é o primeiro álbum de estudio do cantante e compositor español Amancio Prada. Foi publicado en 1974, baixo o selo Disques Alvarès.

Vida e morte
Álbum de Amancio Prada
Publicado1974
GravaciónNovembro 1973
Estudio(s)Sofreson (París)
Xénero(s)Folk
Selo(s)Alvarès
Cronoloxía
Vida e morte Rosalía de Castro (1975)

O disco gravouse nos estudios Sofreson (París) en novembro de 1973. No álbum, Amancio musica poemas de distintos autores, tanto en galego (Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana) como en castelán (Nicolás Guillén, Miguel Hernández, Luis López Álvarez), así como poemas propios (os temas "Labregos" e "Canción de amor Nº 2").

Lista de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Como chove miudiño"  Rosalía de Castro / Amancio Prada 3:34
2. "Labregos"  Amancio Prada 2:37
3. "María Soliña"  Celso Emilio Ferreiro / Amancio Prada 2:31
4. "Verbas a un irmao"  Darío Xohán Cabana / Amancio Prada 1:07
5. "Vida e morte"  Darío Xohán Cabana / Amancio Prada 2:31
6. "Un repoludo gaiteiro"  Rosalía de Castro / Amancio Prada 2:38
7. "Caminando"  Nicolás Guillén / Amancio Prada 2:28
8. "Por una senda"  Miguel Hernández / Amancio Prada 2:30
9. "Romance de la Reina Juana"  Luis López Álvarez / Amancio Prada 4:06
10. "Canción de amor Nº 2"  Amancio Prada 2:15
11. "En ti"  Luis López Álvarez / Amancio Prada 3:18

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar