Abrir o menú principal

Victorino Veiga

avogado e político galego
(Redirixido desde "Victorino Veiga González")

Victorino Veiga González, nado en Begonte en 1875 e finado na Coruña o 5 de xuño de 1945,[1] foi un avogado e político galego.

Victorino Veiga
Nacemento1875
 Begonte
Falecemento5 de xuño de 1945
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Avogado na Coruña, foi socio do Casino Republicano e das Irmandades da Fala. Militante de Izquierda Republicana, nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado da provincia da Coruña polo Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acolleu na súa casa de Vilaboa (Culleredo) a Juana Capdevielle. Foi detido e encarcerado. Xulgado en consello de guerra o 10 de marzo de 1941, foi absolto, pero o Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas sancionouno en maio dese ano con oito anos de inhabilitación e coa multa de 6.000 pesetas. Despois de pasar pola prisión exerceu como avogado na Coruña.

Vida persoalEditar

Casou con Elisa de Bernardo e foi pai de Victorino Veiga de Bernardo.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-6-1945, p. 3.

Véxase taménEditar