Victorino Veiga

avogado e político galego

Victorino Veiga González, nado en Begonte en 1875 e finado na Coruña o 5 de xuño de 1945,[1] foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaVictorino Veiga
Nome orixinal(gl) Victorino Veiga González Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor en Wikidata
Begonte, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Avogado na Coruña, foi socio do Casino Republicano e das Irmandades da Fala. Militante de Izquierda Republicana, nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado da provincia da Coruña polo Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acolleu na súa casa de Vilaboa (Culleredo) a Juana Capdevielle. Foi detido e encarcerado. Xulgado en consello de guerra o 10 de marzo de 1941, foi absolto, pero o Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas sancionouno en maio dese ano con oito anos de inhabilitación e coa multa de 6.000 pesetas. Satisfeita a sanción, recobrou a libre disposición dos bens en outubro de 1941.[2] Despois de pasar pola prisión exerceu como avogado na Coruña.

Vida persoal

editar

Casou con Elisa de Bernardo e foi pai de Victorino Veiga de Bernardo.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-6-1945, p. 3.
  2. BOE, 21-10-1941, p. 3838.