Vitorino Núñez

político galego
(Redirección desde «Victorino Núñez»)

Victorino Núñez Rodríguez, nado en Quiroga o 20 de maio de 1936 e finado o 19 de xuño de 2010, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaVitorino Núñez
Nome orixinal(es) Victorino Núñez Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1936 Editar o valor em Wikidata
Quiroga, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 2010 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento de Galicia
16 de xaneiro de 1990 – 18 de novembro de 1997
← Tomás Pérez VidalJosé María García Leira →
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de novembro de 1989 – 15 de xaneiro de 1990 – Manuel Prado López →

Circunscrición electoral: Ourense

Senador de España
1986 – 1989
Presidente da Deputación de Ourense
1979 – 1990
← David Ferrer GarridoXosé Luís Baltar →
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Ourense
Santiago de Compostela
A Rúa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosVictoria Núñez López Editar o valor em Wikidata
Para o escultor véxase Victorino Núñez Díaz

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito, aprobou as oposicións a secretario municipal e foi destinado ao concello da Rúa[1] na década dos sesenta. Nese posto coincidiu co empresario e político Euloxio Gómez Franqueira, que o introduciu na Caixa Rural de Ourense e como colaborador del na empresa Coren-Uteco.

Sería con Gómez-Franqueira con quen tamén daría os primeiros pasos políticos ao fundar canda Xosé Quiroga Suárez Acción Política Orensana nos albores da transición democrática, que, despois de negociar co Partido Popular de Pío Cabanillas, acabaría integrándose directamente en UCD[1]. Coa UCD accede á presidencia da Deputación de Ourense en 1979, logo de saír elixido como concelleiro en Ourense. Logo da desfeita electoral dese partido nas eleccións xerais de 1982, Victorino Núñez forma parte do núcleo fundador de Centristas de Ourense, abrocho á súa vez de Coalición Galega.

Despois do derramo cerebral que afectou a Euloxio Gómez Franqueira e que deixou a Coalición Galega sen un liderado claro, Vitorino Núñez abandonaría ese partido en 1985 para recompoñer o grupo inicial baixo o nome de Centristas de Galicia. Esta pequena formación, con implantación fundamentalmente na provincia de Ourense presentouse a varios comicios coaligada co Partido Popular, no que finalmente terminaría por integrarse.

Tras as eleccións lexislativas de 1986 obtivo un escano no Senado, do que tomou posesión o 22 de xuño e en outubro de 1989 saíu elixido deputado no Congreso. En 1990 saíu elixido deputado no Parlamento de Galicia, e mercé aos acordos entre a súa formación e o Partido Popular foi escollido presidente do Parlamento durante sete anos (entre 1990 e 1997), correspondentes á terceira e cuarta lexislaturas.

Logo do seu paso polo parlamento galego regresou ao Senado en 1997, escollido en representación da comunidade autónoma, ata o 20 de xaneiro de 2004, data en que se disolveron as cámaras.

Vida persoal

editar

Casou e tivo catro fillos, entre eles Victoria Núñez López. Foi ademais vogal do consello de administración de Promocións Culturais Galegas, a sociedade que editaba o xornal A Nosa Terra[2].[3]

Faleceu como consecuencia dun cancro[4] e foi incinerado e soterrado en Quiroga.

Galardóns

editar

Foi nomeado fillo predilecto do concello de Quiroga en novembro de 2008.

  1. 1,0 1,1 Xan Carballa: "Franqueira foi o meu mestre", entrevista a Vitorino Núñez publicada en A Nosa Terra, nº1335, 27/11/08, páxs.10-11
  2. Un consello de administración plural[Ligazón morta], A Nosa Terra, 3 de decembro de 2007
  3. "Manuel Veiga: "Seremos máis plurais e menos doutrinarios"". www.elcorreogallego.es. 05 de decembro de 2007. 
  4. Victorino Núñez, ex titular de la Cámara será incinerado hoy Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/6/2010

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar