Victoriano Urgorri

zoólogo mariño galego
(Redirixido desde "Victoriano Urgorri Carrasco")


Victoriano "Vituco" Urgorri Carrasco, nado na Cabana (Ferrol) o 23 de xaneiro de 1951[1], é un científico galego, licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de zooloxía mariña nesta mesma Universidade.

Victoriano Urgorri
Nacemento23 de xaneiro de 1951
 A Cabana
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmalacólogo
editar datos en Wikidata ]

Participou en 19 expedicións científicas en Irlanda, Ceuta, Antártica, Portugal, Concas Abisais de O Cabo, Angola e Guinea e fondos profundos de Galicia. É autor de diversas publicacións entre as que pode destacar 6 libros e 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

TraxectoriaEditar

Licenciado en Ciencias (Sección de Biolóxicas) en xullo de 1974 pola Universidade de Santiago de Compostela, graduándose en outubro do mesmo ano e doutorándose en xuño de 1981 tamén na USC. É catedrático[2] de zooloxía mariña no departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Pertence a varias sociedades científicas, como a Real Sociedad Española de Historia Natural, Sociedad Española de Malacología, Area de Ciencias Biolóxicas do Seminario de Estudos Galegos, Malacological Society of London, Societá Malacologica Italiana, California Malacozoological Society e Unitas Malacologica.

 
Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol).
  • Subdirector/Vicedirector do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela, desde 1982.
  • Director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) da Universidade de Santiago de Compostela, desde 2001.
  • Membro da Comisión de Coordinación Científica sobre actuacións de I+D contra verquidos mariños accidentais, en representación da Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Intervención Científica en I+D para a Acción Estratéxica contra Verquidos Mariños (MCyT), desde 2003 ata 2007.
  • Coordinador do Grupo de Investigación GI-2107 Oceanografía e Limnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, desde 2005.
  • Membro en representación da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, na Comisión de Coordinación e Seguimento das Actividades dos Buques Oceanográficos (COCSABO), desde 2007 ata 2010.
  • Presidente da Comisión Técnica do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, desde 2007.
  • Membro do Equipo de Goberno do Campus do Mar, en representación da Universidade de Santiago de Compostela, ao cargo da Dirección da Area de Proxección Social e Cultura Científica do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar, desde 2011.
  • Director da Unidade de Biodiversidade e Recursos Mariños do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela.

Participou en múltiples proxectos de investigación. Foi membro do comité organizador de varios congresos nacionais e internacionais e presentou comunicacións noutros congresos. Estadías en centros de investigación estranxeiros. e participou en moitas expedicións científicas. Impartiu cursos e seminarios.

Actividade docenteEditar

  • Profesor de Zooloxía Mariña na Licenciatura de Bioloxía na Facultade de Bioloxía
  • Profesor de Biodiversidade de Animais Mariños no Máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
  • Profesor de Biodiversidade de Fondos Mariños: O bentos profundo no Máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
  • Profesor de Biodiversidade Animal no Máster Medio Ambiente e Recursos Naturais

PublicaciónsEditar

  • URGORRI, V. & BESTEIRO, C. (1988). Inventario Dos Equinodermos De Galicia (echinodermata). Seminario De Estudos Galegos. ISBN 978-84-7492-367-4. 
  • URGORRI, V. [et AL.] (1994). Seminario bioloxía molecular e biomedicina. Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-708-5. 
  • URGORRI, V. [et AL.] (2008). Metodología para la recolección, conservación y estudio de los Moluscos Solenogastros. Sociedad Española de Malacología. ISBN 84-398-3926-X. 
  • URGORRI, V. & SEÑARÍS, M.P. [Coordinadores] (2012). Recursos en I+D+i dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08). Avaliación e xuízo crítico. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-39-7. 
  • TRIGO, J.E.; DÍAZ AGRAS, G.J.; GARCÍA-ÁLVAREZ, O.L.; GUERRA, A.; MOREIRA, J.; PÉREZ, J.; ROLÁN, E.; TRONCOSO, J.S. & URGORRI, V. (2018). Troncoso, J.S., Trigo, J.E. & Rolán, E., ed. Guía de los Moluscos Marinos de Galicia. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo. 836 pp. ISBN 978-84-8158-787-6.
  • 20 capítulos ou fascículos en obras colectivas:
    • URGORRI, V. [et AL.] (2007). Mares de Finisterrae. Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-84-9785-400-9. 
    • URGORRI, V. [et AL.] (2007). Voz Natura, diez años de compromiso medioambiental. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. ISBN 978-84-9757-236-1. 
  • 30 máis entre limiares, presentacións, publicacións audiovisuais e artigos de divulgación.
  • 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Honras e distinciónsEditar

  • En 2001 recibiu a distinción de Ferrolán do Ano do Concello de Ferrol.[3]
  • En 2009 recibiu a distinción de Veciño de Honra da Vila da Graña, Ferrol.[4]

Especies nomeadas na súa honraEditar

Ata o de agora un total de once especies e un xénero foron denominados na súa honra:

  • En 1980, González & Malicky denominaron unha especie de Tricópteros como Hydropsyche urgorrii.[5]
  • En 1994, Vázquez denominou unha especie de Ascidia como Aplidium urgorrii.[6]
  • En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron un xénero de Solenogastro como Urgorria.[7]
    • En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron unha especie deste xénero como Urgorria compostelana.[8]
    • En 2003, Salvini-Plawen denominou unha especie deste xénero como Urgorria monoplicata.[9]
  • En 2002, Cristobo denominou unha especie de Esponxa como Tedania (Tedania) urgorrii.[10][11]
  • En 2003, Moreira, Gestoso & Troncoso denominaron unha especie de Malacostráceos como Sarsinebalia urgorrii.[12]
  • En 2007, Moreira & Parapar denominaron unha especie de Poliquetos como Synelmis urgorrii.[13]
  • En 2010, Peñas & Rolán denominaron unha especie de Gasterópodos como Turbonilla urgorrii.[14][15]
  • En 2015, Zamarro & García-Álvarez denominaron unha especie de Solenogastro como Kruppomenia vitucoi.[16]
  • En 2016, Señarís & García-Álvarez denominaron unha especie de Caudofoveados como Falcidens urgorrii.[17]
  • En 2017, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Pareurystheus vitucoi.[18]
  • En 2018, Guerra-García, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Liropus vitucoi.[19]

NotasEditar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Urgorri Carrasco, Victoriano". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 570. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  3. http://www.usc.es/estaticos/xornal-historico/portada3d92.html?p=5678
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  5. González, M. A. (1988). Inventario dos Tricópteros de Galicia (Insecta: Trichoptera). - Cad. Área Cienc. Biol.(Inventarios), Sem. Est. Gall., II Ocastro-Sada, A Coruña: Ed. do Castro. 45 pp.
  6. Vazquez, E. (1994). A new species of the genus Aplidium Savigny, 1816 (Ascidiacea, Polyclinidae) from the Spanish Atlantic coast. Sarsia. 79: 53-57.
  7. García-Álvarez, Óscar; v. Salvini-Plawen, Luitfried (2007). "Species and diagnosis of the Families and Genera of Solenogastres (Mollusca)". Iberus. 25 (2): 73–143.
  8. García-Alvarez O. & Salvini-Plawen L. v. (2001). Urgorria compostelana gen. et sp. nov. (Mollusca, Solenogastres, Rhopalomeniidae), an new species from off Galicia, Northwest of Spain. Sarsia 86(3): 183-189
  9. Salvini-Plawen, L. von, 2003. Contributions to WestMediterranean Solenogastres (Mollusca) with three new species. Iberus, 21(2): 37-60.
  10. Cristobo F.J. (2002) The Genus Tedania (Porifera, Demospongiae, Poecilosclerida) in the Waters of the Iberian Peninsula (Northeast Atlantic) with a Description of Two New Species., Sarsia 87(5): 362-377.
  11. Van Soest, R.W.M.; Boury-Esnault, N.; Hooper, J.N.A.; Rützler, K.; de Voogd, N.J.; Alvarez, B.; Hajdu, E.; Pisera, A.B.; Manconi, R.; Schönberg, C.; Klautau, M.; Picton, B.; Kelly, M.; Vacelet, J.; Dohrmann, M.; Díaz, M.-C.; Cárdenas, P.; Carballo, J.L.; Ríos, P.; Downey, R. (2019). World Porifera Database. Tedania (Tedania) urgorrii Cristobo, 2002. Accessed through: World Register of Marine Species at: http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=169591 on 2019-04-22
  12. Moreira, J., Gestoso, L. y Troncoso, J. S., 2003. Two new species of Sarsinebalia (Crustacea, Leptostraca) from the Northeast Atlantic, with comments on the genus. Sarsia, 88(3): 189-209.
  13. Moreira, J.; Parapar, J. (2007). A new species of Synelmis (Annelida: Polychaeta: Pilargidae) from the continental slope off Galicia (north-western Iberian Peninsula). Journal of the Marine Biological Association of the UK. 87(05): 1117-1120.
  14. Peñas A.; Rolán E. (2010). Deep water Pyramidelloidea of the tropical South Pacific: Turbonilla and related genera. In: Gofas S. (ed.) Tropical Deep Sea Benthos 26. Mémoires du Muséum National d'Histoire Naturelle. 200: 1-436.
  15. MolluscaBase (2019). MolluscaBase. Turbonilla urgorrii Peñas & Rolán, 2010. Accessed through: World Register of Marine Species at: http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=475483 on 2019-04-22
  16. Zamarro, M.; García-Álvarez, Ó.; Urgorri, V. (2015). On the biodiversity of the family Simrothiellidae (Mollusca, Solenogastres) in the upper-slope of the NW Iberian Peninsula with the description of three new species. Marine Biodiversity. 46: 655-680.
  17. Perez Señarís M., García-Álvarez Ó. & Urgorri V. (2016). Four new species of Chaetodermatidae (Mollusca, Caudofoveata) from bathyal bottoms of the NW Iberian Peninsula. Helgoland Marine Research. DOI 10.1186/s10152-016-0475-6.
  18. Tato, R.; Moreira, J. (2017). Two new species of the Suborder Senticaudata (Crustacea: Amphipoda) from the upper continental slope off Galicia (NW Iberian Peninsula). Zootaxa. 4300(2): 217.
  19. Guerra-García, J. M.; Tato, R.; Moreira, J. (2018). Caprellidae (Crustacea: Peracarida: Amphipoda) from deep-sea waters off Galicia (NW Iberian Peninsula) with the description of a new genus and three new species. Zootaxa. 4532(2): 151-202.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar