Victoriano López García

enxeñeiro, profesor e cinematógrafo galego

Victoriano López García, nado en Mondoñedo o 22 de marzo de 1910 e finado en Madrid o 31 de agosto de 1995, foi un enxeñeiro e profesor galego, o primeiro director do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (IIEC).

Victoriano López García
Nome completoVictoriano López García
Nacemento22 de marzo de 1910
Lugar de nacementoMondoñedo
Falecemento31 de agosto de 1995
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncineasta
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Placa na casa natal de Victoriano López García en Mondoñedo.

Neto do dono do Cine Galicia de Mondoñedo. Estudou o bacharelato en Vigo e Enxeñería Industrial en Bilbao. Afeccionado ao cine e con estudos técnicos sobre a materia, promoveu a Escola Especial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, da que foi catedrático, facendo deste centro punto de referencia para a ensinanza e o estudo cinematográfico. Foi xefe da Subcomisión Reguladora do Cine e co apoio da peña de amigos do bar “La Elipa”, de Madrid, crearon o Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas en 1947, do que Victoriano foi o primeiro director. Colaborou en Primer Plano, Radiocinema, Espectáculo e Revista Internacional de Cine e fundou, con Manuel Cerezales, e dirixiu a revista Cine Experimental (1944-1945). Foi xefe da Sección de Industria do Servizo de Ordenación Económica da Cinematografía, xefe da Sección de Créditos do Instituto Nacional da Cinematografía, secretario Técnico do mesmo Instituto, Xefe da Sección de Mercados Cinematográficos, delegado do Ministerio de Industria no Sindicato Nacional do Espectáculo, xefe do Negociado de Distribución da Subdirección Xeral de Cinematografía do Ministerio de Información e Turismo; representou a España en varios congresos internacionais. Finou en Madrid o 31 de agosto de 1995.[1]

Publicacións editar

  • Lecciones sobre cinematografía, 1941.
  • Técnica del cine sonoro, en color y en relieve, 1943.
  • Electroacústica, 1963.
  • Acústica, 1971.
  • Chequeo al cine español, 1972.

En colaboración editar

  • La industria cinematográfica española, 1945.
  • La industria de producción de películas, 1955.

Recoñecementos editar

Vida persoal editar

Casou con Emilia Muñoz e foi pai de Luis Alberto, Miguel Ángel e María Esther López Muñoz.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Fernández, Emilio C.; Bouso, Fran (2017). Cine Mondoñedo. Unha historia do audiovisual mindoniense e do Señor do cine, Victoriano López García. Lugo: Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. 

Ligazóns externas editar