Victoriano Guisasola Rodríguez
arcebispo español
Victoriano Guisasola Rodríguez, nado en Oviedo en 1821 e finado en Santiago o 20 de xaneiro de 1888, foi un prelado español, bispo de Orihuela entre 1882 e 1886, e arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela dende 1886 até o seu pasamento.
Traxectoria
editarTío de Victoriano Guisasola Menéndez (1852 - 1920), prelado e home de letras, foi cóengo penitenciario na catedral de Sevilla. En 1882 foi promovido a bispo de Orihuela (Alacant), desde onde pasou a presidir a arquidiocese de Santiago de Compostela en 1886, falecendo no desempeño do seu ministerio en 1888.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Pedro María Cubero y López de Padilla |
Bispo de Orihuela 1882 - 1886 |
Sucesor: Joan Maura i Gelabert |
Predecesor: Miguel Payá y Rico |
Arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela 1886 - 1888 |
Sucesor: José María Martín de Herrera |