Abrir o menú principal

Vicente Uribe Galdeano, nado en Bilbao o 30 de decembro de 1902, e finado en Praga o 11 de xullo de 1961, foi un político vasco, dirixente do Partido Comunista de España (PCE) e Ministro de Agricultura durante a guerra civil española. Obreiro metalúrxico de profesión, chegou a ser membro do Comité Central do PCE. Tras o final da guerra civil houbo de marchar ao exilio, instalándose primeiro en México e posteriormente en Francia e Checoslovaquia. En 1956, durante as loitas de poder que seguiron á morte de Stalin, Uribe foi apartado do seu posto no partido.

Vicente Uribe
Nacemento30 de decembro de 1902
 Bilbao
Falecemento11 de xullo de 1961
 Praga
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]