Vicente Pardo Tenreiro
Vicente María Pardo Tenreiro, nado en Pontedeume e finado na Coruña o 19 de setembro de 1892,[1] foi un avogado, xornalista, escritor e político galego.
Vicente Pardo Tenreiro | |
---|---|
Pontedeume | |
Falecemento | 19 de setembro de 1892 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Agustín Pardo González, dono dunha fábrica de curtidos, e sobriño do político Ignacio Pardo González. Estudou Dereito en Madrid, acadando o doutoramento con 22 anos. Foi redactor dos periódicos madrileños El Resumen e El Demócrata. De regreso en Galicia, estableceuse na Coruña, onde abriu despacho de avogado. Colaborou en El Eume e La Mañana, do que foi director (1889-1892). Foi elixido deputado provincial polo distrito de Betanzos-Pontedeume en 1891 na órbita de Aureliano Linares Rivas. Nos xogos florais celebrados na Coruña en 1884 obtivo un accésit co poema "Adiós a la Patria".
NotasEditar
- ↑ "Pardo Tenreiro", Gaceta de Galicia, 20-9-1892, p. 2.