Vicente Cantatore

futbolista e adestrador arxentino

Vicente Cantatore Socci, nado en Rosario o 6 de outubro de 1935 e finado en Valladolid o 15 de xaneiro de 2021, foi un futbolista e adestrador arxentino-chileno.

Vicente Cantatore
Información persoal
Nome Vicente Cantatore Socci
Nacemento 6 de outubro de 1935
Lugar de nacemento Rosario
Falecemento 15 de xaneiro de 2021
Lugar de falecemento Valladolid
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Talleres de Córdoba
1955–1958 San Lorenzo 8 (0)
1959 Tigre 4 (0)
1960–1962 Rangers de Talca
1963–1970 Santiago Wanderers
1970–1973 Deportes Concepción
Adestrador
1975–1976 Deportes Concepción
1976–1978 Lota Schwager
1979 Audax Italiano
1980–1984 Cobreloa
1984 Chile
1985–1986 Valladolid
1987–1989 Valladolid
1989–1991 Sevilla
1991–1992 Universidad Católica
1993 Rosario Central
1994 Colo-Colo
1994–1995 Tenerife
1996–1997 Valladolid
1997 Sporting de Portugal
1998 Betis
2000–2001 Sporting de Gijón
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira futbolística no Talleres de Córdoba, militando a continuación tres anos en San Lorenzo, e outro en Tigre.[1] En 1960 abandonou o seu país natal para xogar en Chile cos Rangers de Talca.

En 1963 fichou polo Santiago Wanderers, club que pagou 80 millóns de escudos polo seu traspaso, unha elevada cifra para a época.[2] Xogou durante sete tempadas co club santiaguino, conseguindo o campionato chileno en 1968. En 1970 pasou ao Deportes Concepción onde, despois de tres tempadas, puxo fin a súa carreira como futbolista.

Como adestrador editar

Comezos en Chile editar

Comezou a súa carreira como adestrador no mesmo club no que se retirou como futbolista, o Deportes Concepción. Posteriormente sentou no banco do Lota Schwager e tivo un breve paso polo Audax Italiano, interrompido prematuramente pola súa dimisión.[2]

En 1980 converteuse en adestrador do Cobreloa, club fundado só tres anos antes. Na súa primeira tempada como técnico do club proclamouse campión da Primeira División,[3] mentres que na seguinte obtivo o subcampionato e levou o equipo ata a final da Copa Libertadores.[4] Na final continental enfrontouse ao Flamengo brasileiro, perdendo o partido de ida no Maracanã e gañando o de volta no Estadio Nacional de Santiago de Chile. Disputouse entón un partido de desempate no Estadio Centenario de Montevideo, onde a vitoria foi para o Flamengo por 2-0, os dous tantos obra de Zico.

En 1982 gañou o seu segundo título nacional e participou por segundo ano consecutivo na Copa Libertadores, chegando de novo á final, desta vez ante o Peñarol uruguaio.[5] Tras empatar sen goles na ida en Montevideo, no partido de volta disputado en Santiago impúxose o Peñarol cun solitario gol de Fernando Morena.

Continuou outras dúas tempadas máis á fronte do club, acadando bos resultados: en 1983 o seu equipo quedou en segunda posición por detrás do campión, Colo-Colo,[6] e en 1984 obtivo o cuarto posto.[7]

Os resultados obtidos co Cobreloa fixeron que a Federación Chilena o contratase para o banco da selección chilena en 1984. Con todo, dirixiu ao combinado nacional durante un só partido, abandonando o cargo por desavinzas cos dirixentes da federación.[2]

Primeiras experiencias europeas editar

En 1985 trasladouse a Europa para aceptar a oferta do Real Valladolid. Na súa primeira tempada no equipo (1985/86) completou a liga de Primeira División cun décimo posto final. Con todo, deixou o club ao pouco de comezar a seguinte campaña, despois da primeira xornada. Regresou para a tempada 1987/88, na que acabou a liga na oitava praza. Na tempada seguinte clasificou o equipo no sexto lugar da liga, mentres que na Copa do Rei guiouno ata a segunda final da súa historia, despois de eliminar nas semifinais ao Deportivo da Coruña de Arsenio Iglesias, grazas a un gol na prórroga de Manolo Peña. Na final, celebrada no Vicente Calderón, enfrontouse ao Real Madrid, sendo a vitoria para o equipo branco, cun solitario tanto de Rafael Gordillo.[8] O subcampionato de Copa deulle ao equipo o dereito a disputar a Recopa de Europa por primeira e única vez na súa historia. Durante a súa etapa no Valladolid fixo debutar a Fernando Hierro, futuro capitán do Real Madrid e da selección española.[2]

En 1989 chegou ao banco do Sevilla, ao que dirixiu durante dous anos. No primeiro deles, con xogadores como Dasaev, Manolo Jiménez ou o austríaco Anton Polster, este último autor de 32 goles, o equipo conseguiu un sexto posto que lle valeu a clasificación para a Copa da UEFA. Para a tempada 1990/91 o Sevilla reforzouse co chileno Iván Zamorano. Rematou o campionato de liga na oitava posición e foi eliminado na Copa da UEFA en oitavos de final polo Torpedo Moscova.[9]

Regreso a América do Sur editar

Trala súa primeira experiencia europea, o técnico regresou á súa terra adoptiva, Chile, onde foi contratado polo Universidade Católica, un dos equipos máis destacados de Chile. Co club da capital gañou unha Copa Chile en 1991 superando na final ao seu antigo equipo, o Cobreloa, por 1-0, cun gol de Percudani.[10] Na liga o equipo foi terceiro e gañou a Liguiña Pre-Libertadores, un torneo oficial chileno que lle deu a clasificación para a Copa Libertadores.

Despois de só unha tempada, volveu cambiar de banco, pasando ao do Rosario Central, club da súa cidade natal. A experiencia no campionato arxentino resultou problemática e despois de só un ano regresou a Chile para adestrar ao flamante campión nacional, o Colo-Colo. A permanencia no club santiaguino foi curta, debido á eliminación sufrida na Copa Libertadores de 1994 a mans dos colombianos do Junior de Barranquilla, o que provocou a súa destitución.[11]

Segunda aventura ibérica editar

En 1994 volveu cruzar o océano Atlántico para traballar de novo en España, como adestrador do Tenerife. Estivo unha tempada á fronte do club canario, completando a liga 1994/95 na 15ª posición.[12]

En 1996 comezou a súa terceira etapa no banco do Real Valladolid, como substituto do cesado Rafa Benítez. Colleu o equipo na derradeira posición, a 6 puntos da salvación, e conseguiu a permanencia ao rematar 16º. Na campaña 1996/97 acadou o sétimo na liga, clasificando o equipo para a Copa da UEFA por segunda vez na historia do club. O seu labor no banco valisoletano valeulle o premio Don Balón como mellor adestrador de España. No ano seguinte dirixiu o Valladolid só nas primeiras tres xornadas, deixando o cargo por tensións coa directiva.

En decembro de 1997 aceptou a oferta do Sporting de Lisboa, pero deixou o club un par de semanas despois, de novo por problemas coa dirección do club.[13][14] Durante a súa breve etapa en Portugal dirixiu o seu único partido na Liga de Campións, enfrontándose ao Lierse no estadio José Alvalade, vencendo por 2-1.

No verán de 1998 volveu adestrar na Primeira División española, poñéndose á fronte do Betis, que viña de se reforzar con futbolistas como Denílson ou Benjamín. Cantatore chegou ao equipo a só tres días do inicio do campionato, trala dimisión do anterior técnico, António Oliveira.[15] A pesar dos grandes gastos en fichaxes, o Betis non conseguiu a primeira vitoria ata a quinta xornada, e Cantatore acabou dimitindo a finais de outubro, despois de saír goleado por 5-1 de Mestalla, co equipo na última praza.[15] A decepción sufrida en Sevilla levou ao técnico a anunciar a súa retirada do mundo do fútbol.[16]

Últimos anos e retiro definitivo editar

Despois dun ano de pausa recibiu unha oferta do Sporting de Gijón, na Segunda División, polo que decidiu regresar aos bancos. Dirixiu o equipo asturiano durante vinte partidos da tempada 2000/01, antes de dimitir por sorpresa tras conseguir un triunfo ante o Atlético de Madrid.[17]

A continuación decidiu retirarse definitivamente do mundo do fútbol a pesar de ter recibido algunhas ofertas de clubs como a Sampdoria ou o Cruz Azul.[2]

Vida persoal editar

Recibiu a cidadanía chilena, país ao que se trasladou en 1960.[2] Estivo casado durante moitos anos con Nelly Erbetta, coa que tivo un fillo, Marcelo.[2]

Palmarés editar

Como xogador editar

Santiago Wanderers

Como adestrador editar

Cobreloa
Universidad Católica
Individual

Notas editar

  1. "Vicente Cantatore". museodesanlorenzo.com.ar (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Memorias incompletas de Vicente Cantatore" (en castelán). 3 de novembro de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  3. "Chile 1980". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  4. "Chile 1981". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  5. "Chile 1982". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  6. "Chile 1983". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  7. "CAMPEONATO NACIONAL 1984". chuncho.com (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  8. "16th Spanish Cup: 1989". Real Madrid Club de Fútbol (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  9. "UEFA Cup 1990-91". rsssf.com (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  10. "COPA CHILE 1991". solofutbol.cl (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  11. "1994: Fuera por penales" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2022. [Ligazón morta]
  12. "La sombra de Valdano pudo con el técnico chileno-argentino". clubdeportivotenerife.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  13. "Cantatore, entrenador del Sporting de Lisboa". El País (en castelán). 3 de decembro de 1997. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  14. "Cantatore dimite del Sporting de Lisboa". El País (en castelán). 28 de decembro de 1997. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  15. 15,0 15,1 "Cantatore resigns at Real Betis" (en inglés). 26 de outubro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  16. "Cantatore, como Luis, anuncia que deja de ser entrenador". El País (en castelán). 28 de outubro de 1998. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  17. "Así era Cantatore, el entrenador que cerró su larga y brillante carrera en el Sporting" (en castelán). 16 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar